Noticias Ayuntamiento de Vigo 16-04-12


Colectivos veciñais avalan a postura crítica do alcalde ante a lei autonómica de Área Metropolitana

Abel Caballero mantivo unha reunión coas asociacións de veciños de Matamá, Sárdoma, Sampaio, Beade e Lavadores para explicarlles o seu posicionamento e recabar opinións sobre a lei que ven de aprobar a Xunta de Galicia. Veciños e alcalde coinciden en rexeitar a norma, que reduce a un voto entre catorce a representación viguesa no goberno metropolitano.

 


O Concello deu luz verde a 315 novas bolsas de idiomas no programa «Vigo en inglés»

O Concello concederá 315 bolsas de idiomas dentro do programa «Vigo en inglés», nunha convocatoria que este ano inclúe, como novidade, que as familias con rendas superiores a 50.000 euros sufraguen unha pequena parte dos 3.000 euros de media que custa unha destas axudas.

 


Caballero recibe a profesorado e alumnado europeo do programa educativo Comenius

O alcalde de Vigo recibiu este luns aos participantes do proxecto europeo Comenius, un programa educativo de dous anos de duración que se desenvolve en inglés, coa participación de 9 países e no que o IES Politécnico vigués representa a España. A cidade acolle ao alumnado e o profesorado ata o próximo sábado.

 



Márcio-André

A Fundación Laxeiro presenta o libro Ensaios Radioativos de Márcio André

Marcio-André (Río de Xaneiro, 1978) escritor e performer, ademais de artista visual e sonoro, presenta Ensaios radioativos unha performance multidisciplinar coa que da a coñecer o seu novo libro, publicado en Galicia por Axóuxere Editora, dentro da súa colección Polimnia, Cadernos de combate. A presentacion será o martes, 17 de abril ás 19.30 horas na Fundación Laxeiro de Vigo.

 


Libros electrónicos: E-Books e E-Readers

Dentro das actividades organizadas no mes de abril ao redor do mundo do libro, dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas organízase o martes,17 de abril, ás 19 horas, unha xornada encamiñada a dar a coñecer as novas formas de achegarse ao libro e a literatura da man das novas tecnoloxías, xa completamente asentadas na nosa vida cotiá.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: