O comité de empresa da Consellería de Traballo da provincia de Pontevedra péchase na Xunta en Vigo contra o desmantelamento dos servizos públicos

  Os empregados/as da Administración galega esixen a retirada da Lei de Medidas e a dimisión dos seus promotoresO comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia de Pontevedra mantén dende o mediodía un peche no edificio central da Xunta de Galiza en Vigo para denunciar o progresivo desmantelamento dos servizos públicos por parte dos responsábeis autonómicos. Os empregados/as da Administración galega queren amosar deste xeito a súa oposición á política de peche de centros e ao despedimento de persoal que está a practicar o Goberno galego do PP co obxectivo de privatizar os servizos públicos. Con este encerro indefinido nas instalacións da Xunta en Vigo os representantes do comité queren tamén esixir a retirada da Lei de Medidas no Emprego Público aprobada polo Partido Popular ao entender que supón un ataque directo ás condicións de traballo de centos de persoas. Segundo manifestan, a normativa penaliza o traballador/as que enferma; equipara os domingos e festivos cos días da semana; incrementa as horas de traballo, con quendas de até 10 horas seguidas; e impide a conciliación familiar e laboral ao permitir a modificación da xornada de traballo. Así mesmo, salientan que as medidas non van supoñer aforro económico ningún e critican que a Consellería teña eliminado xa máis de 70 postos de empregos no conxunto do país, o que se está a traducir nun deterioro da calidade asistencial nos centros dependentes do departamento autonómico.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: