PLAN EMPREGO DEPUTACIÓN : OS TRABALLADO​RES RECOLLERON OS CONTRATOS NO PAZO PROVINCIAL

  Esta iniciativa posibilitará que arredor de un milleiro de persoas traballen nos 62 concellos da provincia realizando labores de limpeza ambiental, de conservación e mantemento de infraestruturas, de reposición, recuperación e adecuación das praias etc O presidente da Deputación, Rafael Louzán, mantivo hoxe unha xuntanza cos traballadores que perante un período de seis meses van a traballar dentro do Plan Provincial de Emprego 2012  da Deputación.  Concretamente, hoxe achegáronse ata o Pazo Provincial os traballadores do primeiro turno de contratacións incluídos neste plan  que posibilitará ocupación e emprego a preto de 1.000 desempregados.

Segundo informou Rafael Louzán, o Plan de Emprego ten unha dobre intencionalidade, por unha banda, cooperar cos  62 Concellos da Provincia na realización de labores de acondicionamento, limpeza e mellora de zonas ambientais, a conservación e mantemento de infraestruturas, a reposición, recuperación e adecuación das praias e areais, así como outras funcións que os concellos teñan necesidade de cubrir durante eses meses. Por outra banda, esta iniciativa ten tamén por obxecto “contribuír á xeración de emprego, ó desenvolvemento económico”.

Precisamente, ó remate da xuntanza, os traballadores recolleron os seus contratos. Estes foron dirixidos a persoas paradas e a súa selección realizouse a través das oficinas do servizo público de emprego, atendendo a criterios de mérito e capacidade. En principio a Deputación contratou a nove traballadores para cada un dos 62 municipios.

Perante a xuntanza, Rafael Louzán apelou á “implicación, colaboración e cumprimento das tarefas que vos encarguen os respectivos concellos”, tarefas todas elas “dedicadas a mellorar infraestruturas e calidade de vida dos cidadáns e a manter a nosa provincia coa pulcritude que merece de cara aos numerosos visitantes que recibimos”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: