Reunión Area Metropolitana Vigo

A FAVEC esixe ao alcalde que respecte o seu papel como representante do movemento veciñal de Vigo

A Federación Veciñal atribúe a ‘un problema de covardía e prepotencia’ a negativa de Caballero a recibir a súa Comisión Permanente.-No día de hoxe o alcalde reuniuse con cinco asociacións veciñais da cidade para abordar a lei da área metropolitana que vén de ser aprobada polo Parlamento Galego. Desde a Federación Veciñal manifestaron respectar ‘o dereito do alcalde de manter tertulias con quen queira’ mais lémbranlle a Caballero que é a FAVEC quen representa ao conxunto das asociacións veciñais en temas de cidade. ‘Se o que quere o alcalde é coñecer a posición do movemento veciñal sobre a área metropolitana con quen se ten que reunir é coa Federación Veciñal que representa a 36 asociacións de todos os barrios e parroquias’ sinalaron, explicando que ‘é evidente que a área metropolitana é unha cuestión de cidade e non un asunto parroquial’. Así mesmo lembran que o alcalde ten pendente recibir á Comisión Permanente da FAVEC desde que o colectivo veciñal o solicitara o pasado 18 de xullo de 2011. ‘Despois de oito meses sen recibirnos é evidente que non hai motivos de axenda. Parece máis ben un problema de covardía de quen desde a prepotencia non está disposto a escoitar opinións diferentes á súa’ denuncian. Desde ‘Eduardo Chao’ lamentan que o actual goberno municipal insista na súa ofensiva contra o movemento veciñal, nesta ocasión ignorando que a FAVEC é o único interlocutor válido do conxunto das asociacións veciñais para asuntos suprabarriais. ‘Caballero non pode seguir desprezando a unha das entidades sociais máis representativas da cidade, declarada de interese municipal, polo mero feito de que non nos sometamos ás súas posicións partidistas’ concluíron.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: