Archive | abril 17, 2012

Persoal de Concellos e Diputacións cooperará en paises do Sur a través das Vacacións con traballo.

    – Cabo Verde, Nicaragua e Cuba son os destinos ofertados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no seu programa de voluntariado internacional

– A convocatoria presentouse esta mañá en Redondela canda a publicación que recolle as experiencias das catro persoas participantes na anterior edición.

 Redondela, 17 de abril de 2012. Catro técnicas e técnicos das Deputacións e Concellos socios do Fondo Galego de Cooperación pasarán un mes colaborando cos parceiros da entidade en Cabo Verde, Nicaragua e Cuba. A sétima edición do programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo presentouse esta mañá canda o caderno de experiencias de 2011 no Concello de Redondela, onde o alcalde, Javier Bas, foi o encargado de dar a benvida aos presentes. A concelleira de Servizos Sociais, Muller e Ensino, e presidenta do Fondo Galego de Cooperación, Teresa París explicou que a publicación ‘Experiencias solidarias 2011’ recolle as vivencias dos catro participantes do ano pasado que compartiron o seu traballo diario no Sur, e animou a todas as empregadas e empregados das administracións locais galegas con interese polo voluntariado a inscribirse na convocatoria actual. Pola súa banda, o secretario técnico do Fondo Galego, Daniel González, explicou que as e os participantes “sacrifican as súas vacacións para facer unha cooperación técnica, pero máis importante se cadra é o labor de sensibilización que fan cando volven e contan o que viviron” sobre o terreo. O acto contou coa presenza de tres dos voluntarios da anterior edición de Vacacións con Traballo, que viaxaron a Cabo Verde e Nicaragua. Segundo Joaquín Lede, técnico da Deputación de Pontevedra que cooperou coa Cámara Municipal do Porto Novo na busca de financiamento, a experiencia “enriquece moito no persoal e no profesional, as concepcións previas cambian ao chegar, pensamos que lles imos ensinar moito pero é ao contrario, nós aprendemos dos seus valores”. Cristina Moreiras, técnica do Concello de Ourense, que estivo colaborando co departamento ambiental na Cámara Municipal de Paúl, salientou que “non teñen moitos medios porque os recursos son escasos, pero non por iso deixan de facer unhas campañas sensacionais agudizando o enxeño”. Tamén Diego Sánchez, ex técnico do Concello de Castrelo de Miño que viaxou a Nicaragua, valorou as Vacacións con Traballo como “unha experiencia totalmente recomendable para calquera persoa con inquedanzas por coñecer novas xentes e lugares a través deste programa, no que o Fondo Galego ofrece todas as facilidades”. En 2012, Vacacións con Traballo volve ofertar dúas prazas en Cabo Verde, para cooperar coas Cámaras Municipais do Paúl e da Ribeira Grande. No primeiro caso, perfil preferente é o dunha técnica ou técnico en igualdade de xénero, mentres que no segundo requírese unha arquitecta ou arquitecto. Tamén na Oficina do Conservador de Santiago de Cuba precisan dunha ou dun profesional da arquitectura. No caso do Instituto de Promoción Humana, en Nicaragua, a praza é para unha técnica ou técnico de turismo. Trátase de perfís prioritarios, mais en función da participación poden non ser eliminatorios, de aí que se anime a inscribirse en Vacacións con Traballo a todas as persoas interesadas. O prazo para a recepción de solicitudes permanecerá aberto ata o 25 de maio. Toda a información e os formularios están dispoñibles no web www.fondogalego.org.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 93 Concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido 142 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

 

Noticias Ayuntamiento de Vigo 17-04-12


Abel Caballero anuncia que as próximas humanizacións xerarán 865 empregos na cidade

O alcalde de Vigo avanzou hoxe martes que o 25 de abril iniciaranse os traballos de humanización de sete rúas de Vigo por valor de case 14 millóns de euros, un investimento municipal que suporá a creación de 865 postos de traballo, entre directos e indirectos.

 


O alcalde indica que a UNED de Vigo, pagada polo Concello, podería abrir en setembro

A apertura da aula está pendente da sinatura do convenio co Padroado da Universidade en Pontevedra, unha vez sexa validado polo goberno local, e Caballero informou do acordo entre as partes para o sistema de designación do coordinador, que precisará da conformidade do Concello de Vigo. O alcalde recordou que Vigo paga o 100% da infraestrutura e reclamou apoio económico a Xunta e Deputación.

 


Caballero defende que a cidade está capacitada para ofertar traballo aos licenciados en Vigo

O alcalde participou este martes nunha xornada de divulgación dos programas europeos de mobilidade para os universitarios españois, un evento no que Caballero reclamou que a saída ao estranxeiro ten que ser unha opción máis para ampliar a capacitación pero que o “obxectivo prioritario” sexa ofertar saídas laborais en Vigo.

 


O rexedor garante a continuidade do apoio municipal á Coral Casablanca

Abel Caballero comprometeuse esta mañá de martes co apoio á Coral Casablanca, ao longo dun encontro que mantivo cos responsables do Círculo Mercantil. Ademais de falar dos convenios que o Concello ten coa entidade cultural, o rexedor trasladoulle a súa postura crítica coa Lei de Área Metropolitana, que relega o peso de Vigo ao mesmo nivel que Salvaterra, Pazos ou Moaña.

 


Bases para participar no Festival Primavera do Cine en Vigo

A Concellería de Cultura e Festas, dentro da súa política de apoio ás iniciativas do audiovisual galego, colabora coas agrupacións culturais galegas Musiquina 33mg e O Reencanto producións na 1ª edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, no que os creadores poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría en competencia.

PP de Vigo

chema-roberto – cultura

roberto – medalla ciudad

roberto – UNED

EL PARTIDO POPULAR DENUNCIA QUE ELGOBIERNO INTENTÓ IMPEDIR QUE EL DIRECTOR DEL MUSEO DE CASTRELOS RECOGIESE LAMEDALLA DE LA CIUDAD

·       Elgrupo municipal considera esta actitud del Gobierno de Abel Caballero undesaire a una de las instituciones culturales más relevantes de la ciudad.

·       Elconcejal Roberto Relova  demanda alGobierno que potencie las actividades del principal Museo de la ciudad.

EL PARTIDO POPULAR EXIGE EXPLICACIONESAL ALCALDE POR SU SILENCIO EN TORNO A LA PÉRDIDA DEL AULA DE LA UNED PARA VIGO

·       Elgrupo municipal concluye que si el PP no hubiese hecho pública el acta de laúltima reunión de patronato de la UNED, el alcalde no habría informado a losvigueses de la decisión de esta universidad pública.

·       Elconcejal Roberto Relova asegura que “es un nuevo engaño y otra mentira deCaballero, que no puede ahora culpar ni a la Xunta ni a la Diputación”.

·       “Todoel problema ha sido por falta de gestión del alcalde que no puede hablar deconfabulaciones para disculpar su nefasta actuación en todo este proceso”,afirma Relova.

EL PP DENUNCIA LA FALTA DE PLANIFICACIÓNCULTURAL DEL GOBIERNO DE LA CIUDAD Y EXIGE UN PLAN DE COORDINACIÓN DE TODA LAPROGRAMACIÓN

·       Elgrupo municipal del Partido Popular critica que el PSOE carezca de una políticacultural clara y que “desmantele” poco a poco los eventos que tenían tradicióny que dieron fama a Vigo tanto dentro como fuera de Galicia.

·       Elconcejal del PP Roberto Relova cuestiona “que se hayan realizado hasta seisrepresentaciones de El Lago de los Cisnes en distintos escenarios y en un escasoperiodo de tiempo por falta de coordinación”.

·       Inclusoel Festival Sinsal ha quedado fuera de los apoyos municipales para la presenteedición, concreta el edil del PP.

O CENTRO TECNOLÓXIC​O DO MAR REÚNE A REPRESENTA​NTES DE CENTROS DE FORMACIÓN MARÍTIMA DE FRANCIA, IRLANDA E PORTUGAL

  •   O encontro enmárcase no proxecto europeo Marleanet que busca a mellora da capacitación dos profesionais do mar e un achegamento entre a formación civil, pesqueira e militar Leer Más…

Curso sobre la Excelencia en la Gestión Turística

   La excelencia en la gestión es clave para asegurar la continua adaptación de la empresa al entorno, la eficiencia en los procesos y el desarrollo de las personas. Esto se logra invirtiendo en conocimiento, capital humano e innovación a todos los niveles. Leer Más…

O PLAN RE-EXPORT DE ECONOMIA E INDUSTRIA FACILITA O FINANZAMENTO DE OPERACIÓNS DE EXPORTACIÓN DAS PEMES GALEGAS POR 10 MILLÓNS DE EUROS

Corte Audio Javier Guerra ReExport 170412

Javier Guerra destaca que o novo programa “pecha o círculo dos apoios e servizos do Igape á internacionalización das empresas”

– O obxectivo é conseguir que o empresario cun bo produto para competir no exterior non deixe de facelo por falta de financiamento

§ O novo programa completa os apoios do Igape, que xa concedeu na lexislatura 27 millóns de euros en axudas directas no ámbito da internacionalización

Ayuntamiento de Porriño

LA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PORRIÑO SE SUMA AL MOVIMIENTOINTERNACIONAL BOOKCROSSING

Se liberarán diversos libros en diferentes lugaresdel municipio para que el ciudadano que los encuentre los lea y los vuelva aponer en circulación dejando constancia de ello en una web a través de unsistema de registro único existente en cada libro.-Este jueves se celebrará la segunda representación detíteres y juegos lúdicos para escolares a cargo del grupo Mundo Piruleta.-Con motivo de la celebración del Día del Libro elConcello do Poriño ha organizado para este mes de abril diversas actividades deanimación a la lectura y un concurso de haikus.

  EL CONCELLODO PORRIÑO DISPONDRÁ DE UN OPERARIO MUNICIPAL ÚNICA Y EXCLUSIVAMENTE PARA ELMANTENIMIENTO DEL PASEO DEL LOURO

El alcalde Nelson Santos anuncia esta medida que se complementa con otras a tomar todoello con el objetivo de la conservación y ordenación de este espacio verde ynatural y siempre en beneficio de todos los vecinos-.También serecuperará la morfología del cauce del río, construyendo además una escollera amodo de barrera de protección para evitar futuros daños

BENESTAR ORGANIZA VARIAS XORNADAS E SEMINARIOS SOBRE O DEREITO Á INFORMACIÓ​N DOS MOZOS E MOZAS

  •   O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe a primeira destas xornadas no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago
  • Estas xornadas, dirixidas á visualización da información especializada e da figura do informador xuvenil, enmárcanse na campaña da Axencia de Europa de Información e Asesoramento para os Mozos (ERYCA) con motivo do Día europeo do dereito á información xuvenil
  • Esta iniciativa terá lugar nos ‘Espazos Xove’ de Noia, Betanzos, Curtis e Pontedeume ao longo do mes de abril Leer Más…

XIV Mostra Internacional de Teatro Universitario da Universidade de Vigo

Nosa Señora das Nubes

De Arístides Vargas con  tradución de Santiago Cortegoso

Adaptación de teatro NORMAL (Aula de Teatro da Universidade daCoruña)

18 de abril