Editorial Galaxia abrirá un selo propio en Buenos Aires

Víctor F. Freixanes falou da significación dos galegos no mundo editorial arxentino

Titularase Mar MAIOR-Editorial Galaxia e concíbese como a «editorial dos galegos no mundo», unha plataforma de difusión da cultura galega que, segundo as programacións iniciais, empezará a andar en Buenos Aires no ano 2013. Así o anunciou o director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, na mesa de debate «Tendencias» dentro da Feira Profesional do Libro, una das ponenciais inaugurais, á que por primeira vez foi invitado oficialmente un editor galego.
A Fundacion El Libro, que dirixe Gabriela Amado, programou un debate entre libreiros, editores e distribuidores para a análise da situación do sector nos países de América Latina, enfrontados ás novas tecnoloxías e novos procesos de producion e consumo cultural. En sesión de mañá e tarde, participaron Javier López, por Randen House; Roberto Chwat por Sigmar; Lucía Riff pola Agencia Riff de Brasil; Ricardo Neulman, polo Fondo de Cultura de México; Karina Fraccorolli por Comunicarte-Arxentina; Pablo Braun por Eterna Cadencia; Cristina Mosca por Bookshop en Uruguay e Víctor F. Freixanes pola Editorial Galaxia.
Tratábase de presentar alternativas á crise do sector e as mudanzas que se están a producir no ámbito mundial do libro. O director de Galaxia expuso dous proxectos para o crecemento, «única maneira de afrontar a crise»: a Plataforma Dixital da Cultura Galega, no que se está a traballar xunto coa Universidade de Santiago e o departamento de informática da Universidade da Coruña, e o proxecto MAR MAIOR, unha plataforma de edición da cultura galega a través das redes sociais de galegos no mundo.
«Durante máis de dúas décadas, en plena ditadura franquista, Buenos Aires foi a capital da cultura galega. Por iso queremos empezar por Buenos Aires, cun libro-álbum de gran formato, que se titulará Os galegos e a Arxentina, editado en galego e en castelán, e do que son autores María Rosa Lojo e Ruy Farías. Será o buque insignia dun plan editorial que queremos austero, pero intenso, apoiado na excelencia».

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: