Archive | abril 20, 2012

Ayuntamiento de Vigo 20-04.12


O goberno local aproba novas melloras nas rúas Aragón e Enrique Lorenzo

O alcalde, Abel Caballero, deu conta dos asuntos abordados este venres na Xunta de Goberno Local, entre os que destacou a humanización da segunda fase de Aragón ou a renovación do saneamento de Enrique Lorenzo. O goberno vigués tamén acordou que Educación poña a sede do CITIC á disposición da UNED para a apertura da aula viguesa en setembro.

 

Urbanismo da luz verde á rehabilitación de 62 vivendas nas zonas históricas de Vigo

Abel Caballero avanzou esta mañá que a Xerencia de Urbanismo adxudicou axudas para a rehabilitación de 62 vivendas nas zonas históricas de Vigo -52 no Casco Vello e 10 en Bouzas, o que supón unha aportación municipal de 372.448 euros.

 


O rexedor continúa co comité de empresa do Concello os seus contactos sobre a lei de Área Metropolitana

Despois de celebrar sendas reunións con distintos colectivos, Abel Caballero entrevistouse hoxe venres con todos os sindicatos representados no Comité de Empresa do Concello de Vigo, para falar da lei de Área Metropolitana aprobada recentemente pola Xunta. O alcalde amosou a súa “preocupación” pola aplicación dunha norma que tamén pode afectar aos funcionarios municipais.

 


Caballero confía no “éxito” da primeira edición da Festa dos Callos de Vigo

O alcalde acudiu este venres á Praza do Rei, onde a Federación de Comercio “Vigo Histórico” ten disposta a carpa para a celebración da primeira festa dos callos, que alongarase durante toda a fin de semana. Abel Caballero invitou á cidadanía a sumarse a este novo evento gastronómico na urbe.

 


Caballero recibe aos participantes dun proxecto educativo de cinco países da UE

O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos participantes no Proxecto Comenius, unha iniciativa educativa de intercambio na que forma parte o Ceip Coruxo Carrasqueira xunto con centros escolares de Turquía, Polonia, Estonia, Bulgaria e Suecia. Desde o pasado día 18, ata o 24 de abril, alumnos e profesores percorrerán Vigo seguindo o programa “Better tourism, better future”.

 


Explorando Vigozoo

O departamento de Educación de Vigozoo presenta unha nova actividade para as tardes dos sábados de abril e maio, adicada ao ano internacional dos morcegos.

 


Contacontos no Verbum

Este domingo día 22 de abril de 18 a 19 horas, con entrada gratuíta para todos os asistentes (aforamento limitado a 120 persoas), haberá no museo Verbum un contacontos, “XAN DAS ONDAS” para público familiar (nenos a partir de 3 anos).

 

CONVOCATORIA PARA A ADXUDICACION DE PRAZAS PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA ANO 2012

A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria do 16 de abril de 2012 aprobou as “Bases e Convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no programa de inmersión en língua inglesa” VIGO EN INGLÉS, para o ano 2012.

AS PEMES XA PODEN ACCEDER AO SERVIZO DE ASESORÍA ENERXÉTICA QUE ACTIVA HOXE ECONOMÍA E INDUSTRIA A PROL DO AFORRO E A EFICIENCIA

O servizo resolve directamente e de xeito individualizado cuestións para a posta en marcha de melloras de nas empresas no ámbito enerxético, relacionadas co prezo da enerxía no mercado, normativa e liñas de axuda
O servizo de Diagnose Enerxética On-Line do Inega ten detectado posibilidades de aforro nas pemes do 15%
As pemes poden dirixir as súas preguntas ao enderezo inega.asesoriaenerxetica@xunta.es ou chamar ao teléfono 981 541 540

Agenda Club Financiero de Vigo

  LUNES, 23 DE ABRIL

 

  • Tribuna de Ageinco con Lucía Molares, directora general de la SEPES.

LUGAR: Restaurante

HORA: 14:00

 La Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco) celebra un almuerzo-coloquio con Lucía Molares, directora general de SEPES, Entidad Estatal de Suelo.  Leer Más…

NCG Banco vende a súa participación en Calvo e reforza o seu capital

   O banco obtén importantes plusvalías polo 11,1% da conserveira galega

 20.04.2012. NCG Banco, conxuntamente con outras entidades financeiras e a familia Calvo, asinou hoxe a venda da súa participación accionarial (11,1% a través de Ponto Inversiones) no grupo alimentario Calvo á multinacional Bolton Group. A venda forma parte do acordo a través do cal Bolton Group adquiriu unha participación minoritaria en Calvo, ao adquirir as accións de Ponto Inversiones. A operación, que forma parte do plan de recapitalización de NCG Banco, péchase con importantes plusvalías con respecto ao capital investido polo banco con sede en Galicia.

PP de Vigo

      marcos araujo – débedas comunidades de montes

EL PP DENUNCIA QUE EL CONCELLO MANTIENEUNA DEUDA DE 8,5 MILLONES DE EUROS CON LAS COMUNIDADES DE MONTES DEL MUNICIPIO

·       Elconcejal del Partido Popular, Marcos Araujo, critica que el alcalde ni siquierase reúna con los representantes de la Mancomunidad de Montes de Vigo paraabordar las formas de compensar a los comuneros por esas deudas, contraídas porel uso de terrenos para infraestructuras.

·       Beade,Bembrive, Teis, Valladares y Zamáns, son las parroquias afectadas por el uso deparcelas en mancomún para proyectos y obras públicas.

Novacaixag​alicia libera tres mil libros co gallo do Día do Libro

Novacaixagalicia conmemorará o Día do Libro cunha campaña de difusión de libros pertencentes ao seu fondo de publicacións. Máis de tres mil exemplares serán distribuídos nas cidades galegas, esencialmente, nos espazos culturais e sociais da propia entidade da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e Ourense durante a vindeira semana.

GALICIA REPRESENTA​RÁ ÁS COMUNIDADE​S ESPAÑOLAS NO CONSELLO DE MINISTROS DE PESCA QUE SE CELEBRARÁ A PRÓXIMA SEMANA EN LUXEMBURGO

O secretario xeral do Mar  lembrou no Parlamento que a comunidade galega volverá representar ao resto das comunidades españolasante a Unión Europea en materia pesqueira neste semestre

– Juan Maneiro sinalou que a cesión desta representación por parte de Murcia realízase nun momento fundamental para a UE en materia pesqueira co proceso de reforma da Política Pesqueira Común

§ O prezo medio en primeira venta dos peixes e mariscos frescos aumentou nun 20% en 2011 respecto de 2009 e permitiu acadar unha facturación de 475 millóns de euros

– O secretario xeral do Mar adiantou no Parlamento que “en breve verá a luz un novo e definitivo borrador do decreto de comercialización, que se someterá ao criterio dos eidos transformador, extractivo e comercializador”

O MUSEO DO MAR REGALA ESTE VINDEIRO DOMINGO UN LIBRO A TODOS OS VISITANTES

Para celebrar oDía Internacional do Libro

 Venres, 20 de abril de 2012.- Tódalas persoas que este vindeiro domingo, 22 de abril, visiten o Museodo Mar de Galicia recibirán un libro de agasallo.

 O Museo celebra asío Día Internacional do Libro, que se conmemora ao día seguinte, luns, o únicodía da semana en que o recinto permanece pechado.

 Os libros que seregalarán aos visitantes –entre eles, Olladasoceánicas en al arte contemporáneo ou Elespejo del mar en el arte gallego de los siglos XIX y XX- corresponden ásexposicións organizadas polo propio Museo nos últimos anos.

O CCVV adquire outros 4 inmobles na Ferraría para rehabilitalos e ofrecer maior número de vivendas de protección autonómica

  • A presidenta do Consorcio Casco Vello, María José Bravo Bosch, informou hoxe da compra dos números 5, 7, 45 e 47 da rúa Ferraría, que pasan a formar parte do organismo para proceder a súa rehabilitación.
  • Ditos edificios atópanse completamente abandonados e nun grado importante de deterioro co que a súa recuperación permitirá seguir avanzando no cambio de imaxe no que se atopa inmersa a parte alta do barrio antigo, onde xa están en obras un total de 20 inmobles.
  • Tras a compravenda ante notario materializada esta mesma mañá, a presidenta visitou os inmobles que, unha vez rehabilitados, ofrecerán un maior número de vivendas de protección autonómica (VPA) e que se veñen a sumar ás 34 vivendas xa adxudicadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e ás outras 24 que se sortearán nos vindeiros meses. O Consorcio Casco Vello de Vigo xa é propietario de máis de medio centenar de inmobles, dos que 15 xa están completamente rehabilitados. Leer Más…

O NOVO HOSPITAL PÚBLICO DE VIGO SEGUE A SÚA CONSTRUCIÓN DACORDO COS PRAZOS PREVISTOS E A XUNTA INSTA AO CONCELLO A QUE CUMPRA CO CONVENIO ASINADO NO ANO 2006

  • O Goberno galego espera que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, cumpra co acordo e execute as obras de urbanización e acceso á nova infraestrutura sanitaria.

 Vigo, 19 de abril de 2012.- A Xunta de Galicia quere deixar claro que o Novo Hospital de Vigo segue a súa construción dacordo aos prazos previstos e agarda que o Concello de Vigo cumpra cos compromisos adquiridos no acordo asinado no ano 2006 para realizar as obras de urbanización e acceso á nova infraestrutura sanitaria. A construcción do Novo Hospital público de Vigo é unha realidade e a Xunta insta, unha vez máis, a que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, cumpra cos compromisos adquiridos no acordo asinado durante o goberno bipartito para a construcción do Novo Hospital de Vigo e a dotación das súas infraestruturas, e así o comunique por escrito, tal e como se comprometeu o representante do Concello na Comisión de Seguimento das obras celebrada o mes pasado. Neste senso, a Consellería de Sanidade pide á Administración local traballar de forma conxunta para responder ás necesidades dos cidadáns. A obra progresa segundo o previsto, cumprindo os prazos establecidos e sendo a duración dos traballos de 31 meses dende o seu inicio. A súa finalización está prevista para finais do ano 2013, coa posta en funcionamento no primeiro trimestre do ano 2014. A asistencia sanitaria no Novo Hospital  de Vigo será 100% pública e prestada por profesionais do Sergas, de modo que os vigueses contarán cunha gran infraestrutura sanitaria pública que, xunto cos recursos existentes, conformarán un sistema multihospital para dar a mellor resposta ás necesidades dos vigueses e viguesas. A nova infraestrutura suporá un salto cualitativo na atención sanitaria que se vai prestar aos usuarios do sistema público de saúde de Galicia da súa área de influencia, que son arredor de 600.000 persoas. Será un centro público á vangarda tecnolóxica e respectuoso co medio ambiente.