Archive | abril 22, 2012

XIVMOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO

  Axenda 23 de abril

XIVMOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO

Un novo mundo feliz

Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de “Un novo mundofeliz” de Aldous Huxley

Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Grupo Maricastaña

23 de abril

Auditorio Vidal Bolaño(18.30h.)

FEIJÓO AVANZA UN PRAZO MÁXIMO DE 8 A 10 SEMANAS PARA CONCRETAR O CONTIDO E ALCANCE DO POSIBLE ACORDO ESTRATÉXIC​O ENTRE A PETROLEIRA MEXICANA PEMEX E O SECTOR NAVAL GALEGO

Logo de varios meses traballando, afirma que “entramos na última fase e con esta viaxe conquerimos dous obxectivos:temos a dous presidentes de goberno que avalan os traballos feitos entre unha empresa estatal mexicana –Pemex- e un goberno autonómico –Xunta de Galicia- e temos un prazo concreto para establecer ese posible acordo”

Asegura que a Xunta vai a seguir traballando “e a seguir contando cunha expectativa cada vez máis concreta dunha posibilidade histórica para o sector naval galego e de relacionar a Galicia cun lugar fiable e un lugar para investir por parte das primeiras empresas do mundo”

§ Apela á prudencia para que este inicio de acordo chegue a bo porto; “a mesma prudencia –di- que require calquera tipo de operación económica e, sobre todo, se estamos ante a posibilidade dunha gran operación económica para Galicia e para o sector naval galego”

– Resalta que Pemex é unha das principais petroleiras do mundo con máis de 150.000 empregados e unha cifra de vendas superior ao produto interior bruto da maior parte dos países de América Latina