Archive | abril 23, 2012

O PROGRAMA INNO EMPRES​A DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA CASE 5 MILLÓNS DE EUROS A MELLORAR A CAPACIDADE INNOVADORA DAS PEMES

A Consellería, por medio do Igape, apoiou con esta liña a máis de 3.000 pemes e mobilizou 40 millóns de investimentos no que vai de lexislatura

 – Este ano acadarán apoios de especial intensidadeos proxectos que se comprometan á creación de emprego, especialmente para membros dos colectivos de máis difícil acceso ao mercado laboral

§ Tamén se valorarán de xeito especial os proxectos localizados nas provincias de Lugo e Ourense e nos concellos de Ferrolterra e Costa da Morte, que teñen maiores posibilidades de acceder aos apoios

§ O prazo para a presentación de solicitudes polas empresas interesadas será dun mes, a contar desde mañá

NOVACAIXAG​ALICIA PRESENTA EN VIGO LA CELESTINA

O Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia abrirá as súas portas o vindeiro venres 27 de abril para acoller a representación dunha das pezas dramáticas esenciais da literatura española, A Celestina. Ás 20:30 h o pano do teatro dará paso a unha versión deste clásico desenvolvida por Eduardo Galán. A dirección desta montaxe é de Mariano de Paco Serrano e, ademais, de Gemma Cuervo, o elenco compleméntase con Olalla Escribano no papel de Melibea e Alejandro Arestegui no de Calisto.

Ayuntamiento de Porriño

EL CONCELLODE PORRIÑO ORGANIZA NUEVAS ANDAINASSALUDABLES PARA ESTA SEMANA
Mañana martes y el jueves a las 09.00 horas y el miércolesa las 10.30 horas saldrá un grupo desde el polideportivo municipal, pasando por elcentro, Torneiros, el paseo del Louro y con fin en laplaza Arquitecto Antonio Palacios.-La Concejalía de Deportes pone en marcha esta actividad, enmarcadaen el Plan Galicia Saudable de la Xunta, en su apuesta por unavida más sana potenciando entre los ciudadanos la práctica de la actividadfísica.

  PORRIÑO CELEBRA ELDÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO CON LA LIBERACIÓN DE MÁS DE MEDIO CENTENAR DE EJEMPLARES

El alcalde NelsonSantos y la concejala de Cultura Teresa Veloso presentaban esta mañana laactividad “Libros á rúa” fundamentada en el movimiento internacionalbookcrossing.-El ciudadano queencuentre una de estas obras, en su mayoría novelas y cuentos para todos los públicos,podrá leerla y deberá ponerla de nuevo en circulación dejando constancia de suparticipación en una web a través de un sistema de registro único existente encada libro.-Las actividades continúaneste jueves con la Feria del libro y de la artesanía y una representación de títeresy juegos lúdicos para escolares

PRESENTACI​ÓN OFERTA TURÍSTICA Y GASTRONÓMI​CA DE VIGO EN OPORTO

  Vigo presenta lo mejor de su oferta turística y gastronómica en Oporto

El vigués Rafa Centeno, Cocinero del Grupo Nove y propietario del restaurante Maruja Limón, en Vigo, distinguido con una estrella Michelin, va a Oporto a presentar las innovadoras creaciones de su cocina, basada en la calidad de los productos de la Ría Leer más…

GzVideos 2.0 – Videoactivismo galego e audiovisual popular – 24 de Abril

  Mañá martes día 24 de abril volta á rede a plataforma independente de video-activismo e audiovisual popular GzVideos.info (Galiza Videos), que partirá dunha compilación de máis de 1000 videos baixo o común denominador da súa relación coa comunidade nacional galega, en particular co activismo militante en prol dos dereitos sociais e revindicacións da clase traballadora. Todo isto nunha nova web completamente anovada, que clasifica os videos por categorías, permite a posibilidade de envío de materiais e incorpora unha sección wiki, ademais do proxecto “GalizaTV”. Poderáse acceder na url:gzvideos.info ou galizavideos.info. Leer más…

Roteiros pola costa

 Sábado 28 y domingo 29 de abril en Vigo

A SINFÓNICA DE GALICIA CONMEMORA CUN CONCERTO EN VIGO O BICENTENAR​IO DA CONSTITUCI​ÓN DE CÁDIZ

O vindeiro luns 30 de abril ás 20:30 h, a Orquesta Sinfónica de Galicia interpretará a obra Cádiz, de Federico Chueca, unha zarzuela que dirixirá Víctor Pablo Pérez co gallo da celebración do bicentenario da Constitución de Cádiz, a primeira carta magna española de tendencia liberal aprobada no ano 1812, logo do traslado á cidade andaluza dos deputados das cortes españolas, malia a guerra contra as tropas de Napoleón, que procuraban incorporar España ao seu imperio. No Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo, a Orquesta Sinfónica de Galicia contará coa colaboración do Coro da OSGA, dirixido por Joan Company, e composto por Vicente Ombuena (tenor), Ana Ibarra (mezzosoprano), Emilio Sánchez (tenor), Carlos Bergasa (barítono), María José Suárez (mezzosoprano), Alba López (soprano) e José Luis Vázquez (barítono).O vindeiro luns 30 de abril ás 20:30 h, a Orquesta Sinfónica de Galicia interpretará a obra Cádiz, de Federico Chueca, unha zarzuela que dirixirá Víctor Pablo Pérez co gallo da celebración do bicentenario da Constitución de Cádiz, a primeira carta magna española de tendencia liberal aprobada no ano 1812, logo do traslado á cidade andaluza dos deputados das cortes españolas, malia a guerra contra as tropas de Napoleón, que procuraban incorporar España ao seu imperio. No Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo, a Orquesta Sinfónica de Galicia contará coa colaboración do Coro da OSGA, dirixido por Joan Company, e composto por Vicente Ombuena (tenor), Ana Ibarra (mezzosoprano), Emilio Sánchez (tenor), Carlos Bergasa (barítono), María José Suárez (mezzosoprano), Alba López (soprano) e José Luis Vázquez (barítono).

NOVACAIXAG​ALICIA PRESENTA A LUIS PIEDRAHITA

O venres 27 e o sábado 28 de abril, o Centro Social de Novacaixagalicia en Pontevedra e o Centro Cultural da entidade en Vigo recibirán a Luis Piedrahita ás 21:00 h e ás 20:00 h, respectivamente. O novo espectáculo do monologuista coruñés, El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable, está colectando un éxito de público análogo ao obtido polas anteriores actuacións de Piedrahita. Deste xeito, as entradas para a función ofrecida en Vigo están practicamente esgotadas, e quedan poucas localidades para a cita co humor en Pontevedra.

Noticias Ayuntamiento de Vigo – 23-04-12


O alcalde asegura que para Vigo «lle vale a lei de Área Metropolitana de Barcelona ou Valencia»

Abel Caballero entrevistouse este luns con representantes veciñais de San Roque, Coruxo, Saiáns e Candeán, dentro da rolda de contactos para testar o sentir da cidadanía sobre a lei de Área Metropolitana aprobada pola Xunta de Galicia. O rexedor recabou o «rexeitamento total» destes colectivos a unha norma que plasma «agravios inmensos» á cidade de Vigo.

 


O goberno local cooperará coa Asociación da Xeotermia de Galicia para «xeralizar» o uso das renovables

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo unha reunión este luns cos responsables de Acluxega, asociación a nivel galego con sede na cidade que aglutina a 24 empresas. O rexedor indicou que o Concello, que conta con dous proxectos de climatización xeotérmica, cooperará coa entidade para «xeralizar» estes sistemas limpos.

 

O Concello promociona a gastronomía de Vigo no norte de Portugal

O alcalde de Vigo participa hoxe luns nun acto de promoción turística en Oporto, acompañado por empresarios do sector da hostelería. O obxectivo «é aumentar a visibilidade da cidade no norte de Portugal».

 


O alcalde anima á cidadanía a participar nos actos municipais polo Día do Libro

A Casa Galega da Cultura, a Biblioteca Xosé Neira Vilas, o Museo MARCO ou o Súbete ao Castro organizan hoxe luns actos conmemorativos polo Día Internacional do Libro, con contacontos, lecturas populares ou actividades de fomento da lectura.

 


Xornadas sobre Convivencia Escolar

Ata o xoves 26 de abril está aberto o prazo de inscrición para participar nas xornadas sobre convivencia escolar que se desenvolverán os días 4 e 5 de maio no Paraninfo do I.E.S. Santa Irene e que organiza o O Consello escolar Municipal de Vigo.

FEIJÓO RECOÑECE NO DÍA INTERNACIO​NAL DO LIBRO O PAPEL COLECTIVO DE TODA A INDUSTRIA CULTURAL PORQUE “ELES TAMÉN CONSTRÚEN E RECONSTRÚE​N O PAÍS”

O titular da Xunta presidiu, esta mañá, en Vigo o acto de conmemoración do Día Internacional do Libro: Presentación da edición facsimilar da obraGalicia como tarea, de Valentín Paz Andrade

-Amais de instaurar novos códigos políticos e de revisar moitos dos seus credos económicos e sociais afirma que a nosa terra necesita da cultura para revisar eses códigos e para iniciar o rexurdimento

§ “Editores, escritores, tradutores, libreiros, creadores gráficos, bibliotecarios e lectores. Todos eles son xustos depositarios dun tesouro espiritual, no que reside a esperanza dunha terra recuperada”, asevera

§ Lembra ao homenaxeado das Letras Galegas deste 2012 e afirma que Galicia estaría máis insegura nestes tempos turbulentos sen as achegas deste home que detectou carencias na nosa terra; “pero que tamén confiou nas nosas posibilidades porque comprendeu a nosa forza cultural e histórica”

§ Destaca que Paz Andrade atopa na cultura un impulso para sobrepoñerse á derrota e ao fracaso, un impulso para tecer soños. “Hoxe seguimos necesitando soños e, por iso, manter viva a súa memoria é como manter aceso un faro que nos orienta nas dificultades”