acto de entrega de emendas do vicepresid​enteda Femp aos orzamentos xerais do Estado

  Entregoulle as emendas aos grupos parlamentarios do PP, PSOE e EU

 

Abel Caballero explica que as contas inclúen diminucións “moi significativas” en políticas sociais, de emprego, escolas infantís ou transporte Avanza que a Femp traballa nun listado de competencias para evitar concorrencia entre comunidades autónomas, deputacións e concellos.

Vigo, 26 de abril de 2012.– O alcalde de Vigo e vicepresidente da Femp, Abel Caballero, considera “imprescindible” que o Goberno Central retire os recortes aos concellos previstos nos orzamentos xerais do Estado. Así llo transmitiu esta mañá aos voceiros dos grupos parlamentarios do PP, PSOE e EU aos que, acompañado polo presidente da Deputación de Zamora, Fernando Martínez Maíllo, entregou as emendas que os representantes da Federación Española de Municipios e Provincias prantexan as contas do Goberno Central. Na súa intervención cos medios de comunicación, destacou que os orzamentos inclúen recortes “moi significativos” en políticas sociais, políticas activas de emprego, escolas infantís ou transporte, “materias que teñen que ver co benestar de miles de cidadáns”, enfatizou. Tratamos de recuperar, exemplificou, “mil millóns de euros para políticas de emprego sen os que ningún concello poderá prestar este servizo ou non ter en precario ducias de escolas infantís”. Amosou a súa confianza de que todo o arco parlamentario apoie as propostas dos 8.100 concellos de España e avanzou a resposta “satisfactoria” dos grupos do PSOE e EU.  En segundo lugar, referiuse ao listado de competencias e categorías que está a elaborar á Femp a instancias dunha petición do propio Goberno Central na Comisión Nacional de Administración Local. O obxectivo é, explicou, que non exista concorrencia de competencias nentre comunidades autónomas, deputacións e concellos e abogou porque sexan as administracións máis pretas as que asuman máis competencias porque “aforraremos medios, orzamento e gañamos en calidade na prestación dos servizos. “Algúns creemos que as comunidades autónomas teñen inflación de competencias que deberíamos prestar outras administracións”. Nestas circunstancias, insistiu, “o Goberno non vai aprobar mañá ningunha lei sen ter en conta a opinión dos 8.100 municipios de España” , en referencia ao anuncio do Ministerio de Facenda de enviar a Bruxelas un proxecto para reestruturar a administración.  considera “imprescindible” que o Goberno Central retire os recortes aos concellos previstos nos orzamentos xerais do Estado. Así llo transmitiu esta mañá aos voceiros dos grupos parlamentarios do PP, PSOE e EU aos que, acompañado polo presidente da Deputación de Zamora, Fernando Martínez Maíllo, entregou as emendas que os representantes da Federación Española de Municipios e Provincias prantexan as contas do Goberno Central. Na súa intervención cos medios de comunicación, destacou que os orzamentos inclúen recortes

 

“moi significativos” en políticas sociais, políticas activas de emprego, escolas infantís ou

transporte, “materias que teñen que ver co benestar de miles de cidadáns”, enfatizou.

Tratamos de recuperar, exemplificou, “mil millóns de euros para políticas de emprego sen os que ningún concello poderá prestar este servizo ou non ter en precario ducias de escolas infantís”. Amosou a súa confianza de que todo o arco parlamentario apoie as propostas dos 8.100 concellos de España e avanzou a resposta “satisfactoria” dos grupos do PSOE e EU. En segundo lugar, referiuse ao listado de competencias e categorías que está a elaborar á Femp a instancias dunha petición do propio Goberno Central na Comisión Nacional de Administración Local. O obxectivo é, explicou, que non exista concorrencia de competencias entre comunidades autónomas, deputacións e concellos e abogou porque sexan as administracións máis pretas as que asuman máis competencias porque “aforraremos medios, orzamento e gañamos en calidade na prestación dos servizos. “Algúns creemos que as comunidades autónomas teñen inflación de competencias que deberíamos prestar outras administracións”. Nestas circunstancias, insistiu, “o Goberno non vai aprobar mañá ningunha lei sen ter en conta a opinión dos 8.100 municipios de España” , en referencia ao anuncio do Ministerio de Facenda de enviar a Bruxelas un proxecto para reestruturar a administración.

 

 

 

  

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: