"DEBEMOS SUPERAR A DIVISIÓN ENTRE GALEGUISTAS E NACIONALISTAS: HOXE SOMOS O

María Méndez chama á unidade de acción e á mobilización en defensa do Estado de Benestar, “convoque quen convoque” Representantes de Máis Galiza asistiron ao enterro de Don Xaime Illa Couto, fundador de Galaxia
Vigo, 26 Abril de 2012.  150 persoas asistiron esta tarde á presentación oficial de Máis Galiza ante a sociedade viguesa, á que estaban convidadas e convidados representantes de distintos colectivos sociais da cidade e da comarca e na que interveu tamén o secretario xeral, o compostelán Xoán
Bascuas. O secretario comarcal, Eudosio Álvarez, sinalou que este proxecto político que nacía apostaba por “superar a diferenciación artificial entre nacionalismo e galeguismo, algo que vén do sucedido tras a guerra civil e a separación entre os galeguistas do interior e o exterior”. Álvarez asegurou que “reivindicamos a Castelao e a Bóveda, mais tamén a Ramón Piñeiro ou a Paz Andrade”. A nova forza política situase a si mesmo no ámbito da esquerda e do progresismo. Asegurou que nela teñen cabida os traballadores e traballadoras por conta allea, pero por suposto tamén autónomos, profesionais liberais e emprendedores.

  Novas formas de facer política

Segundo explicou o secretario comarcal, “non queremos ser un partido tradicional”. Recoñeceu que “algo fixeron mal os partidos tradicionais, houbo pola súa parte elitización e pouca transparencia; convertéronse en pequenos clans que a xente non entendía”. Nesa liña asegurou que “hoxe temos
tecnoloxías da información e da comunicación que permitirían unha democracia máis plena e participativa do que hai 10 anos”.

María Méndez: “unidade de acción en defensa do Benestar”

Tamén interviu no acto María Méndez, quen foi concelleira de Benestar Social na pasada lexislatura, e quen avogou porque os sindicatos “e os cidadáns do común” manteñan unha política de unidade en defensa do Estado do Benestar. Nesa liña asegurou que Máis Galiza apoiará todas as mobilizacións e
protestas en defensa do Ben Común “convoque quen as convoque”, incluíndo as que terán lugar este próximo domingo.

Os representantes de Máis Galiza (Xoán Bascuas, María Méndez e Eudosio Álvarez) sinalaron que o BNG era un proxecto “pechado e esgotado” e que agora tocaba construír un novo referente político, situado no centro esquerda e con vontade plural de aglutinar a todos os nacionalistas e galeguistas.

Enterro de Xaime Illa Couto

Máis Galiza quere transmitir o seu profundo pesar pola morte de Don Xaime Illa Couto, e así llo transmitiron aos seus familiares, amigos e compañeiros da Editorial Galaxia nas exequias fúnebres do ilustre galeguista.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: