Noticias Ayuntamiento de Vigo 26-04-12


Silva propón ao Corsorcio compatibilizar a rehabilitación do Berbés coa parte alta do Casco Vello

A concelleira de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos, Carmela Silva, prantexou hoxe xoves na reunión do Consorcio Casco Vello a necesidade de elaborar un “plan de actuación” para “facer compatible” a finalización da reforma da parte alta do Casco Vello coa rehabilitación da fachada marítima do Berbés, “unha demanda colectiva da cidade de Vigo”.

 


A tenente de alcalde anima a todos os vigueses a disfrutar no Ifevi da festa de Verbenalia

A tenente de alcalde, Carmela Silva, animou hoxe xoves a todos os vigueses a participar en Verbenalia, o festival coas mellores orquestras de Galicia que arranca esta noite no Ifevi e se prolongará ata o domingo. Trátase da maior verbena indoor, con entradas a catro euros en taquilla.

 


O Concello programa espectáculos ao aire libre para celebrar o Día Internacional da Danza

A edil de Cultura, Isaura Abelairas, presentou este xoves as actuacións gratuitas dos integrantes da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para conmemorar o Día Internacional da Danza, o próximo domingo, 29 de abril. Os espectáculos serán ás 12 horas, durante 90 minutos, na rúa peonil do Calvario, en Príncipe, na Praza da Independencia, en Montero Ríos e na Alameda de Bouzas.

 


O voluntariado medioambiental de “Camiño a Camiño” aborda a conservación do Río Lagares

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este xoves as actividades incluidas no Programa de voluntariado medioambiental “Camiño a Camiño” para o período de primavera e verán de 2012. Está previsto que preto de 1.000 persoas voluntarias colaboren ao longo todo o ano en distintas accións de conservación de áreas de especial interese ecolóxico do Concello de Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: