Un festival de música e poesía para apoiar os medios en galego en Santiago o 27 de abril

  Santiago deCompostela, 26 de Abril de 2012.-  Vitaminas para o Galego, aplataforma  na que colaboran 24 medios de comunicación na linguapropia, organiza un festival artístico o vindeiro venres 27 de abrilen Compostela. O evento, presentado pola xornalista Xia Arias, inclúe un recital poético a cargo de OlallaCociña,  Alicia Fernández e Gonzalo Hermo,  seguido dunconcerto do grupo punk de Muros Terbutalina.Todos osbeneficios do festival serán destinados a sufragar o mantemento dapropia campaña e dos medios en galego, que nos últimos anossufriron importantes baixas. As entradas saen a só 4 euros até o mediodía do venres, (5 euros na taquilla á entrada do evento). Tamén haberá unha fila cero para os que queiran colaboraraínda máis a 10 euros.  O concerto será no Centro Social A Gentalhado Pichel, onde se poden mercar as entradas, ademais de na Reixa,Casa das Crechas e Restaurante Rúa.
No mesmofestival darase conta do proxecto en marcha de cara ao gran evento do17 de maio, que Vitaminas para o Galego está preparando co gallo doDía das Letras Galegas. A actuación é a primeira iniciativa dasegunda fase da campaña, lanzada este inverno. A primeira faselogrou duplicar o obxectivo de recadación inicial, inxectando 6.800 euros grazas a colaboración de case 200 mecenas.
24 medios en galego
Acampaña Vitaminas para o Galego está artellada polosmedios de comunicación:  Radiofusión, TemposNovos, GaliciaConfidencial,  PrazaPública, Novasda Galiza, ValMiñor.info e Quepasanacosta.  Colaboran ademais Xornal Certo , OSil.info , Crónica 3 ,Radio Nordés , TerraChá.Xa , Crónicasda Comarca , Surf GZ ,Cardenos de Comunicación e Análise,Lalín e Comarca ,Hermes e Atenea ,Disquecool , DeLuns a Venres , Cabozo.com ,Vencello , Cartafol, A nova Peneira ,Programa radio PlásticoElástico , Cerne,terra de Melide e  Gacetade Fene,
 A iniciativa diríxese a todas as persoas que queren contribuír a que o idioma propio de Galicia adquira un rango social de normalidade. Para logralo, resulta imprescindíbel a existencia dunha pluralidade de medios de comunicación en galego.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: