Archivo | abril 27, 2012

JAVIER GUERRA SALIENTA A IMPORTANCIA DA CALIDADE E DA INNOVACIÓN NA INDUSTRIA AGROALIMENTARIA GALEGA

    O conselleiro de Economía e Industria clausura o V Encontro do Sector Agroalimentario Galego, organizado por Vegalsa

§ O grupo Vegalsa-Eroski xera 4.462 postos de traballo na Comunidade e realiza compras por mais de 393 millóns a pemes agroalimentarias galegas

§ O Igape concedeu apoios ao plan de crecemento da compañía con 3 millóns de euros para favorecer un investimento de 18 millóns nas instalacións de Vegalsa na Coruña

A CIG de Vigo aposta por un 1º de Maio cunha participación masiva como antesala dunha nova folga xeral

  Máis de 400 delegados/as participaron nunha asemblea na que se abordaron os últimos recortes do Goberno do PP

VIGO/26-04-12

A CIG de Vigo fixo hoxe un chamamento á clase traballadora para que participe de xeito masivo nas mobilizacións do 1º de Maio como antesala dunha nova folga xeral. Máis de 400 delegados/as da central nacionalista participaron nunha asemblea celebrada na cidade na que se analizaron as últimas medidas económicas e sociais impostas polo Partido Popular.

O secretario de Organización da central nacionalista na cidade, Anxo Igrexas, compareceu en rolda de prensa xunto á responsábel de Persoal e Saúde Laboral, Begoña Caamaño, para ofrecer dos detalles dos actos conmemorativos do 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora.

Deste xeito, explicaron que este mesmo sábado terá lugar unha entrega de agasallos aos afiliados/as con máis de 25 anos de compromiso e entrega co proxeccto sindical nacionalista. Na comarca viguesa son máis de 800 persoas as que recibirán un recoñecemento público durante o acto que se celebrará no Verbum a partir das 11.30 horas.

O acto central da xornada serán as distintas manifestacións que se celebrarán por todo o país o mesmo martes día 1. No caso de Vigo a marcha partirá da Doblada ás 12.00 horas e rematará na Porta do Sol. “Nesta ocasión a data ten para nós un significado especial porque chega un mes despois da exitosa folga xeral e das históricas manifestacións”, asegurou Igrexas. Ao mesmo tempo, incidiu na necesidade de dar unha nova resposta masiva á política de recortes do Goberno do PP “que sirva como antesala a unha nova folga xeral”.

Novacaixagalicia presenta os seus cursos de cociña con dous restauradores con estrelas Michelin

      As aulas gastronómicas terán lugar no Centro Social Novacaixagalicia en Vigo

26.04.2012. Un ano máis, Novacaixagalicia organiza nos meses de maio e xuño os seus cursos de cociña e de cata, unhas propostas que en cada convocatoria veñen atraendo un importante número de alumnos interesados en aprender ou mellorar as súas habilidades culinarias. Novacaixagalicia conta, ademais, coa participación de dous aplaudidos cociñeiros que pertencen ao Grupo Nove e que foron galardoados con cadansúa Estrela Michelin, Xosé Torres e Rafael Centeno Moyer. Leer Más…