Archivo | abril 29, 2012

Noticias Ayuntamiento de Vigo 27-04-12


O alcalde pide á Fundación Novacaixagalicia que blinde en Vigo a colección artística de Caixanova

Abel Caballero quere manter en Vigo a colección artística de Caixanova e así llo solicitará por carta aos responsables da Fundación Novacaixagalicia. Trátase de “blindar” este patrimonio cultural na cidade, unha vez coñecida á decisión de que a sede da Fundación se ubique en Santiago.


O Concello suma tres novas sentencias favorables ao PXOM e outra ao derrubo das naves de A Lagoa

Tras a celebración do Consello da Xerencia municipal de Urbanismo deste venres, o alcalde, Abel Caballero, informou da recepción doutras tres sentenzas xudiciais sobre o PXOM favorables aos intereses do Concello de Vigo, como todas as anteriores. Un cuarto ditame dos tribunais respalda tamén a actuación municipal no derrubo das naves de A Lagoa.

 


O Concello axudica o servizo do 010 que en 2011 atendeu case 152.000 chamadas

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá a adxudicación do servizo 010 á empresa con mellor oferta, Outsourcing Signo Grupo Norte, SA. A proposta económica foi de 739.000 euros, un 5% do orzamento base de licitación, situado en 771.742 euros.

 


Caballero participou no programa educativo “Semana da Radio” do colexio Divino Salvador

Xunto á edil de Educación, Raquel Díaz, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este venres a este centro de infantil, primaria, secundaria e educación especial de Coruxo no que fórmanse uns 600 alumnos para participar nesta “experiencia educativa” do colexio mediante unha entrevista que lle fixeron os estudantes e participantes desta proposta.

 

Padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracciòn Mecánica do ano 2012

 

Imposto sobre Actividades Económicas

 

APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚM. 7 DO PXOM, EN EXECUCIÓN DE SENTENZA DO TSXG NÚM. 25/2011, RELATIVA Á DEFINICIÓN DE ALIÑACIÓNS NO CAMIÑO DE BALSA (MATAMÁ)

 

Avellentamento Activo-Taller de Pilates para persoas maiores

 

Pechada ao tráfico a rúa Doctor Marañon, treito entre López Mora e Menéndez Pelayo

Comunicado Psoe de Vigo

Vigo, 26 de outubro de 2011.

– O voceiro do grupo municipal socialista, Carlos

 López Font, manifesta a súa increudulidade pola defensa que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo realiza dun militante sancionado do PSOE. Asegura que desde Partido Socialista “nunca creímos que chegaríamos a ver isto”, posto que o presidente ratifica coas súas declaracións o acordo ao que chegou co señor Príncipe para que este mantivera durante anos un proceso de confrontación contínua nos medios públicos galegos. A cambio, “agora sí cremos o que se nos dixo dun posto nas listas autonómicas do PP”. Por outra parte, proseguiu, parécenos moi propio do señor Feijóo que se erixa en xuíz dos estatutos do PSOE, “a partir de agora cada vez que haxa un conflito no Partido Socialista “chamaremos a Feijóo para que dirima o seu funcionamento interno e incluso lle recomendamos que empece a facer xa autos xudiciais sobre calquera problema que poida xurdir en toda Galicia”. Pero, sobre todo, o que nos  

Homenaxe CIG

   CIG de Vigo homenaxeou hoxe, dentro dos actos de celebración do 1º de Maio, os afiliados/as con 25 anos ou máis de compromiso co proxecto sindical nacionalista, máis de 800 no conxunto da comarca. Arredor de 300 deles/as recibiron un agasallo conmemorativo de mans dos secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e do secretario de Organización da CIG de Vigo, Anxo Igrexas. O acto celebrouse no auditorio do centro cultural Novacaixagalicia e nel participaron unhas 400 persoas.

Suso Seixo lembrou o importante papel que todos os homenaxeados/as desenvolveron no nacemento do proxecto de sindicalismo nacionalista que representa a CIG e loubou a súa traxectoria de loita e compromiso coa clase traballadora galega e coa emancipación social e nacional de Galiza.

"Tango" de Sarabela Teatro

Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acollerá o vindeiro venres 4 de maio, ás 20:30 h, a representación da peza teatral Tango, escrita por Slawomir Mrózek e representada, nesta ocasión, por Sarabela Teatro baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda e coa colaboración interpretativa de Lino Braxe e Vicente de Souza.

Enrique Salgueiro ganó la Montaña en el GP Liberty Seguros

  Poco ha podido competir hasta el momento Enrique Salgueiro con su nuevo equipo, el LA Alumínios-Antarte de Portugal, pues el calendario previsto se ha reducido bastante con respecto a lo programado a principio de temporada. Leer Más…