Noticias Ayuntamiento de Vigo 30-04-12

Noticias:
A Corporación esixe á Xunta o proxecto de execución definitivo do novo hospital

O PSOE e o BNG reclaman “transparencia” á Xunta de Galicia para que faciliten proxecto de execución definitivo do novo hospital de Vigo, así como os recursos dispoñibles para a súa realización. Socialistas e nacionalistas deron luz verde a sendas mocións nas que esixen o carácter público e estratéxico para que esta infraestrutura sanitaria sexa hospital de referencia de toda a área sanitaria.

 

O Concello insta á Xunta a invertir 5 millóns de euros en políticas de emprego en Vigo

Socialistas e nacionalistas aprobaron no Pleno de hoxe luns unha moción defendida por Santos Héctor na que solicitan á Consellería de Traballo e Benestar a incorporación dunha partida de alomenos 5 millóns de euros para a contratación de desempregados para servizos á comunidade no concello de Vigo.

 

O Pleno reclama que Vigo forme parte da rede española de cidades intelixentes

A unanimidade dos grupos políticos con representación municipal respaldaron este luns no Pleno a moción do PP instando ao Concello a participar nun proxecto Smart City, que procura a eficiencia e a innovación nas distintas áreas operativas dunha cidade. A Corporación tamén acordou que o goberno local dote de servizos ao centro de día de Valadares e habilite un punto limpo na urbe.

 


O alcalde e a ministra de Fomento visitaron a ampliación do peirao de Comercio

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, revisaron as obras de ampliación do peirao de Comercio que recentemente foron inauguradas no Porto de Vigo. Ao acto público asistiron distintos representantes das administracións local, autonómica e central.

 


A recadación da Festa dos Callos permitiu entregar 1.000 quilos de comida ao Banco de Alimentos

O alcalde, Abel Caballero, e os responsables de Vigo Histórico como organizadores deste evento gastronómico fixeron entrega dos 1.000 quilos de comida cedidos ao Banco de Alimentos, froito da recadación conseguida durante as xornadas do evento por medio da venda de rifas solidarias a un euro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: