Archive | abril 2012

Feria del Automóvil en Vigo

 

Foto Manuel Carballo

CONVOCADA A III EDICIÓN DOS PROXECTOS DE COOPERACIÓ​N TRANSFRONT​EIRIZA ESPAÑA-POR​TUGAL 2007-2013, CUNHA AXUDA DO FEDER DE 9,6 MILLÓNS DE EUROS

  • O prazo de presentación de solicitudes prolóngase ata o 25 de xuño
  • O Comité de Seguimento do POCTEP reuniuse a semana pasada en Castelo Branco  (Portugal) para pór en marcha esta nova convocatoria
  • Da axuda Feder asignada, 5,75 millóns de euros destínanse ao fomento da competitividade e promoción do emprego e 3,93 millóns ao medio ambiente, patrimonio e prevención de riscos
  • O prazo límite de execución dos proxectos é o 30 de xuño de 2015 e o custo total mínimo dos mesmos cífrase en 100.000 euros Leer más…

"Galicia quere información de proximidade en galego"

  CRÓNICA DO FESTIVAL DAS VITAMINAS PARA O GALEGO,

«Sabemos tirar os penaltis e non facemos como o Barça e o Madrid» afirmaron os de Terbutalina no festival de Vitaminas para o galego que se celebrou na noite do pasado venres na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela. Ademáis do enerxético «gastro punk» dos de Muros, a xornalista Xiana Arias coordenou un acto no tamén participaron os poetas Gonzalo Hermo, Olalla Cociña e Alicia Fernández.

Manifesto para o Día das Letras Leer más…

LOUZÁN APOSTA POR UNIR ESFORZOS PARA QUE A PROVINCIA RECUPERE A DINÁMICA DO EMPREGO

  O presidente reuniuse esta mañá cun grupo de 200 persoas que comezarán a traballar en distintos concellos da provincia no marco do Plan de Emprego da Deputación.-O presidente da Deputación, Rafael Louzán, recibiu esta mañá a 200 novos traballadores que comezarán a traballar estes días en distintos concellos da provincia no marco do Plan de Emprego posto en marcha pola Administración Provincial co que, segundo anunciou Louzán, se pretende que unhas 1.000 persoas poidan ter un contrato de traballo. Leer más…

O BNG acada o respaldo do pleno para esixir á Xunta que o novo hospital sexa público e e de referencia da área sanitaria

  Vigo, 30 de abril de 2012.- O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego acadaou hoxe o apio do pleno, cos votos a prol do PsdG, para aprobar unha moción que demanda á Xunta de Galiza que o carácter público e estratéxico do novo hospital de Vigo. Na defensa do documento, Santi Domínguez, criticou o encarecemento de mil millóns de euros a construción desta infraestructura sanitaria e o aumento de de usos lucrativos para as empresas que conforman a UTE á que a Xunta de Galiza lle adxudicou as obras. Leer más…

El próximo film de Novacaixagalicia en Vigo se ambienta en el barrio judío de Nueva York

I     Two lovers es el título de la penúltima película del ciclo de cine que se pasa en Vigo

I     Novacaixagalicia colabora con el Servizo Galego de Saúde a través del Proyecto nise

 30.04.2012. El próximo miércoles 2 de mayo, Novacaixagalicia trae a Vigo una película inspirada en la novela Noches blancas de Dostoievski.

 Two Lovers, del director estadounidense James Gray, se proyecta en un pase único a las 20:30 h, previa retirada de invitaciones el mismo día de la función a partir das 17:00 h. La película data del año 2008 y es heredera de la estética de dos grandes maestros del cine: Hitchcock y Visconti.

La obra plantea la historia de Leonard, un joven judío que vuelve a casa de sus padres tras intentar suicidarse. Allí conoce a dos mujeres: Sandra, la encantadora hija del socio de su padre, y Michelle, una atractiva vecina con problemas emocionales. Sandra es perfecta a ojos de la familia de Leonard, pero este se siente atraído por Michelle.

Hasta el 8 de mayo, el Centro Cultural Novacaixagalicia en la calle Policarpo Sanz acogerá el ciclo de cine «Nos vieiros da mente», una iniciativa en colaboración con el Servizo Galego de Saúde y el Proyecto nise, que trabaja para la no estigmatización social de los afectados por enfermedades mentales. Más información en www.orbrasocialncg.com.

Noticias Ayuntamiento de Vigo 27-04-12


O alcalde pide á Fundación Novacaixagalicia que blinde en Vigo a colección artística de Caixanova

Abel Caballero quere manter en Vigo a colección artística de Caixanova e así llo solicitará por carta aos responsables da Fundación Novacaixagalicia. Trátase de «blindar» este patrimonio cultural na cidade, unha vez coñecida á decisión de que a sede da Fundación se ubique en Santiago.


O Concello suma tres novas sentencias favorables ao PXOM e outra ao derrubo das naves de A Lagoa

Tras a celebración do Consello da Xerencia municipal de Urbanismo deste venres, o alcalde, Abel Caballero, informou da recepción doutras tres sentenzas xudiciais sobre o PXOM favorables aos intereses do Concello de Vigo, como todas as anteriores. Un cuarto ditame dos tribunais respalda tamén a actuación municipal no derrubo das naves de A Lagoa.

 


O Concello axudica o servizo do 010 que en 2011 atendeu case 152.000 chamadas

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá a adxudicación do servizo 010 á empresa con mellor oferta, Outsourcing Signo Grupo Norte, SA. A proposta económica foi de 739.000 euros, un 5% do orzamento base de licitación, situado en 771.742 euros.

 


Caballero participou no programa educativo «Semana da Radio» do colexio Divino Salvador

Xunto á edil de Educación, Raquel Díaz, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este venres a este centro de infantil, primaria, secundaria e educación especial de Coruxo no que fórmanse uns 600 alumnos para participar nesta «experiencia educativa» do colexio mediante unha entrevista que lle fixeron os estudantes e participantes desta proposta.

 

Padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracciòn Mecánica do ano 2012

 

Imposto sobre Actividades Económicas

 

APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚM. 7 DO PXOM, EN EXECUCIÓN DE SENTENZA DO TSXG NÚM. 25/2011, RELATIVA Á DEFINICIÓN DE ALIÑACIÓNS NO CAMIÑO DE BALSA (MATAMÁ)

 

Avellentamento Activo-Taller de Pilates para persoas maiores

 

Pechada ao tráfico a rúa Doctor Marañon, treito entre López Mora e Menéndez Pelayo

Comunicado Psoe de Vigo

Vigo, 26 de outubro de 2011.

– O voceiro do grupo municipal socialista, Carlos

 López Font, manifesta a súa increudulidade pola defensa que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo realiza dun militante sancionado do PSOE. Asegura que desde Partido Socialista «nunca creímos que chegaríamos a ver isto», posto que o presidente ratifica coas súas declaracións o acordo ao que chegou co señor Príncipe para que este mantivera durante anos un proceso de confrontación contínua nos medios públicos galegos. A cambio, «agora sí cremos o que se nos dixo dun posto nas listas autonómicas do PP». Por outra parte, proseguiu, parécenos moi propio do señor Feijóo que se erixa en xuíz dos estatutos do PSOE, «a partir de agora cada vez que haxa un conflito no Partido Socialista «chamaremos a Feijóo para que dirima o seu funcionamento interno e incluso lle recomendamos que empece a facer xa autos xudiciais sobre calquera problema que poida xurdir en toda Galicia». Pero, sobre todo, o que nos  

Homenaxe CIG

   CIG de Vigo homenaxeou hoxe, dentro dos actos de celebración do 1º de Maio, os afiliados/as con 25 anos ou máis de compromiso co proxecto sindical nacionalista, máis de 800 no conxunto da comarca. Arredor de 300 deles/as recibiron un agasallo conmemorativo de mans dos secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e do secretario de Organización da CIG de Vigo, Anxo Igrexas. O acto celebrouse no auditorio do centro cultural Novacaixagalicia e nel participaron unhas 400 persoas.

Suso Seixo lembrou o importante papel que todos os homenaxeados/as desenvolveron no nacemento do proxecto de sindicalismo nacionalista que representa a CIG e loubou a súa traxectoria de loita e compromiso coa clase traballadora galega e coa emancipación social e nacional de Galiza.

"Tango" de Sarabela Teatro

Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acollerá o vindeiro venres 4 de maio, ás 20:30 h, a representación da peza teatral Tango, escrita por Slawomir Mrózek e representada, nesta ocasión, por Sarabela Teatro baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda e coa colaboración interpretativa de Lino Braxe e Vicente de Souza.