Archive | mayo 1, 2012

Primeiro Maio Vigo

  Unhas 35.000 persoas manifestáronse hoxe, 1º de Maio, polas rúas de Vigo convocadas pola CIG para conmemorar o Día Internacional da Clase Traballadora.

MÁIS INFO: Unhas 60.000 persoas maniféstanse coa CIG no Primeiro de Maio en contra dos recortes sociais e laborais do PP http://www.galizacig.com/avantar/novas/1-5-2012/unhas-60000-persoas-manifestanse-coa-cig-no-primeiro-de-maio-en-contra-dos-recortes-s

Cangas énchese de Reggae O sabado 5 de Maio, serán os Meninos Carentes, os encargados de pórlle son á noite do sabado, a partir das 22.00 horas

  AAsociación Minho Reggae organiza no local Sala Son un concerto noseu afán por promover os ritmos xamaicanos e culturas adxacentes. Osabado 5 de Maio,serán os Meninos Carentes, os encargados de pórlle son á noite dosabado, a partir das 22.00 horas. Leer Más…

Dakidarria agenda

    PRESENTACIÓN DO ÚLTIMO DISCO EN GALIZA!
A xira presentación de”Utopías emergentes” que Dakidarríabautizou como ” La utopía eres Tour”visitará Coruña e Vigo esta fin de semana.Tras percorrer toda a península nos últimosmeses (Segovia, Madrid, Asturias, Barcelona, Tarragona,Cádiz, Sevilla, Valencia, Murcia…),Dakidarría volve a casa. Nesta ocasiónvisitará as Rías Altas e as RíasBaixas, concretamente estará o venres 4 de maio nasala Le Club (A Coruña, + Konflikto), a partir das22:00, e o sábado 5 de maio na sala”Infierno” (Vigo, + Os vacalouras + LosKualkiera), a partir das 22:30, nos cales contará conalgunha das colaboracións que participaron nagravación do disco.

Con vistas ó veránDakidarría visitará moitos dos melloresfestivais de rock, entre os que destacan o “DerrameRock” (Ourense) e o “Aupa Lumbreiras”(Alicante). A nivel internacional conta con varias citas enfestivais en Italia e Croacia.

Ó mesmo tempo a banda atópaseinmersa na preparación dunha xira Mexicana paraOutubro, tras 6 anos dende a súa últimavisita.

Para máis info: www.dakidarria.com

XUVENTUDE TEN ABERTO O PRAZO PARA OPTAR ÁS 120 PRAZAS DO CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL QUE SE OFERTA NAS ILLAS CÍES

  •   Poden inscribirse mozos e mozas galegas e tamén de toda España e do ámbito internacional con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
  • O campo de traballo desenvolverase en 4 quendas de 11 días cada unha durante os meses de xullo e agosto no arquipélago do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
  • Desempeñarán tarefas medioambientais, como labores de mantemento da illa, vixilancia de incendios, labores de información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora no parque.
  • A Consellería de Traballo e Benestar pon a disposición dos xóvenes galegos un total de 429 prazas para os campos de traballo da Comunidade, do resto de España e tamén do estranxeiro.
  • A Comunidade autónoma é a terceira rexión que máis prazas oferta no estranxeiro. Leer Más…

Novagalicia financia a máis de 500 familias ao mes para a compra de vivenda

A entidade subscribe o 40% das hipotecas a particulares en Galicia

01.05.2012. A rede de oficinas de Novagalicia formalizou nos tres primeiros meses do ano un total de 1.546 hipotecas a familias para a compra de vivenda, o que representa unha media de 515 operacións ao mes.

O volume global deste financiamento a clientes particulares ascende a 139 millóns de euros, cun importe medio por préstamo de case 90.000 euros. Marzo foi o mes que rexistrou un maior número de contratacións, con 631 hipotecas (un 34% máis que o mes anterior) e 57 millóns de euros financiados por este concepto.

A modalidade de crédito hipotecario máis solicitada polos clientes é aHipoteca Variable Novagalicia, que acapara a cuarta parte das formalizacións, seguida daHipoteca Atencións Diversas e, en terceiro lugar, da Hipoteca Xove (10% do total).

A entidade financeira con sede en Galicia é líder indiscutible neste segmento de negocio na Comunidade. As hipotecas sobre vivendas formalizadas pola entidade a través da súa rede de oficinas nas catro provincias galegas –excluíndo as sucursais de Asturias e León-representan en torno ao 40% do total de hipotecas desta natureza constituídas nesta Comunidade Autónoma, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística (INE).

En febreiro deste ano subscribíronse en Galicia 1.122 hipotecas sobre vivenda, cun capital financiado de 106,1 millóns de euros. Desas cifras, 445 préstamos foron comercializados por Novagalicia a través das súas oficinas en Galicia, cun importe de 39,5 millóns de euros.

MEDIO AMBIENTE RECUPEROU OS LEITOS DOS RÍOS MAIOR EN REDONDELA E GRES EN MOAÑA, PARA EVITAR INUNDACIÓNS E O DETERIORO DO CONTORNO

  •   Estas accións están incluídas na programación e proxectos en materia de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección
  • O investimento para a execución destas dúas melloras foi de case 8.000 euros
  • No que vai de ano na bacía sur executáronse un total de 12 actuacións, feito que implicou limpar e acondicionar máis de 7 quilómetros e que se traduce nun investimento de máis de 50.000 euros Leer Más…

O Sindicato de Xornalistas chama a concentrarse este mércores en defensa da liberdade de prensa

A Coruña, 2 de maio de 2012.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia chama a todos os profesionais do sector a participar nas concentracións  do Día da Liberdade de Prensa , organizadas por parte de tres das asociacións da prensa que hai en Galicia:

    •    SANTIAGO DE COMPOSTELA: 12:00 horas, diante da Facultade de Ciencias da Comunicación da  Universidade.
    •    A CORUÑA: 12:00 horas, no Obelisco.
    •    LUGO: 20:00 horas, no Museo Provincial.

O SXG solicita a todos os axentes sociais que se absteñan de convocar roldas de prensa e outras actos informativos nas tres cidades nese tramo horario para facilitar a presenza dos informadores no acto reivindicativo.A central destaca que a colaboración entre todas as organizacións do sector é imprescíndibel para superar a crise do sector, afectado por unha continúa vaga de despedimentos ante a total pasividade das administracións públicas.
Ante unha degradación laboral e profesional tan grave como a actual, a o SXG  fai un novo chamamento aos partidos políticos para que regulen por lei a profesión xornalística con urxencia, porque é o único xeito de que os seus profesionais sexan verdadeiros intermediarios no dereito á información da cidadanía.