BRAVO BOSCH RECIBE AO NOVO SUBDELEGAD​O DO GOBERNO, ANTONIO COELLO, NUNHA PRIMEIRA VISITA INSTITUCIO​NAL Á XUNTA EN VIGO

  Durante o encontro, delegada territorial e subdelegado trataron a reincorporación de representantes da Policía Autonómica á xunta provincial de seguridade.

  • Tamén lembraron a posta en marcha das obras da EDAR do Lagares este verán.

 Vigo, 02 de maio de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, recibiu esta mañá ao novo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Antonio Coello, nunha primeira visita institucional á Delegación Territorial da Administración autonómica na cidade. Bravo Bosch agradeceu ao novo subdelegado do Goberno a súa visita á cidade e gabou a “fluída relación” co representante do Goberno central na provincia ademais de destacar o “importante traballo” e a “magnífica colaboración” entre ambas institucións no que respecta ao ámbito de actuación da Delegación Territorial. Coello trasladoulle varias peticións á delegada autonómica que, coma explicou o propio subdelegado, pasan pola reincorporación de representantes da Policía Autonómica –Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma- á xunta provincial de seguridade. O fin desta medida é recuperar a súa representatividade xunto ao resto de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que xa forman parte de dita mesa provincial co obxectivo último de traballar “en perfecta coordinación”. O subdelegado resaltou así o traballo levado a cabo pola Policía Autonómica, de aí a súa reincorporación ás xuntas provinciais de seguridade. Durante o encontro, tamén trataron os avances no proxecto da EDAR do Lagares, lembrando que os traballos comezarán no vindeiro verán e tras a adxudicación das obras de seguimento e control da infraestrutura hidráulica. Con todo, María José Bravo Bosch, deulle finalmente as grazas ao novo subdelegado polo seu traballo e apoio ante as manifestacións e concentracións dos últimos meses “respondendo sempre coa colaboración”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: