MEDIO AMBIENTE ADXUDICA POR MÁIS DE 1 MILLÓN DE EUROS A PRIMEIRA FASE DAS OBRAS DE HUMANIZACI​ÓN DA RÚA JULIÁN VALVERDE DE SABARÍS, EN BAIONA

  • A actuación correspóndese coa Rúa Julián Valverde no tramo existente entre a rotonda do Ponte Romano e o cruce coa rúa Pereira Troncoso, 500 metros lineais
  • Os traballos pretenden a homoxeneización do treito desta rúa convertíndoa nun espazo lineal e ordenado de carácter semipeonil, con espazos diferenciados nun só nivel
  • Crearase unha área axardinada que conecte o paseo marítimo e sirva de arranque a dita intervención urbana
  • Estas accións forman parte do Plan Hurbe, proxecto que pretende ordenar e priorizar os equipamentos e dar un contido corporativo a todo o mobiliario urbano, arranxo dos espazos públicos
  • O prazo de execución destas actuacións é de 7 meses

 Santiago, 2 de maio de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar por algo máis de un millón de euros a primeira fase de humanización da travesía interior de Sabarís, en Baiona. A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, executa este proxecto de humanización que se enmarca dentro do Plan Hurbe, logo do convenio firmado entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Baiona 7 de xullo de 2010. A actuación correspóndese coa Rúa Julián Valverde no tramo existente entre a rotonda da Ponte Romano e o cruzamento coa rúa Pereira Troncoso, 500 metros lineais. Os traballos pretenden a homoxeneización do treito desta rúa, converténdoa nun espazo lineal e ordenado de carácter semipeonil, con espazos diferenciados nun só nivel. Redefínense as calidades formais e construtivas da vía para transformala nunha rúa comercial, de paseo e estancia. O proxecto céntrase na organización do tráfico nunha banda de circulación cara Baiona e outra funcional que aloxará diferentes equipamentos como arboredo, colectores soterrados ou aparcadoiros. Crearase unha área axardinada que conecte o paseo marítimo e sirva de arranque a dita intervención urbana. As obras, que levará a cabo a empresa Extraco, Construcións e Proxectos, contemplan accións como a demolición de pavimentos, escavación do terreo para a instalación de canalizacións e reposición da rede de abastecemento. Introducirase a rede separativa de saneamento e soterrarase o tendido eléctrico. Tamén se colocarán mobiliario urbano, sinalización horizontal e vertical, e árbores. O Goberno galego é consciente da relevancia que teñen estes traballos de humanización, xa que se trata dunha rúa moi transitada debido á área residencial e comercial que alberga. O prazo de execución destes traballos será de 7 meses.

 Plan Hurbe

Estas accións forman parte do Plan Hurbe, actuación que busca un programa de calidade de vida das zonas urbanas e dos concellos do rural, pero focalizando múltiples actuacións nos concellos pequenos. O Plan Hurbe pretende ordenar e priorizar os equipamentos e dar un contido corporativo a todo o mobiliario urbano, arranxo dos espazos públicos. Os obxectivos deste plan, que destinará preto de 100 millóns de euros para realizar 53 actuacións en algo máis de 40 concellos galegos, son fomentar a recuperación  dos espazos de encontro para mellorar a opción de lecer dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial fixando poboación no medio rural.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: