Concello de Vigo 04-05-12

A Xustiza avala a legalidade do proceso da oferta pública de emprego do Concello de Vigo

O xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou o recurso interposto polo sindicato CCOO contra a designación dos membros dos órganos de selección dos tribunais dos procesos selectivos correspondentes á Oferta Pública de Emprego 2008. O rexedor solicitou esta mañá disculpas as institucións de Galicia que cuestionaron o proceder do Goberno municipal.

 


O alcalde solicita ao director xeral de Novagalicia Banco solucións para os afectados polas preferentes

O rexedor aproveitou a reunión que hoxe venres mantivo con director xeral de Novagalicia Banco, Juan Díaz Arnau, para reiterar a preocupación do Goberno municipal pola situación dos afectados polas preferentes. Ao longo do encontro, o directivo avanzoulle a intención da entidade a recuperar parte da obra social, aínda que admitiu que nunca volverá ser como antes.

 


O alcalde convoca ao Consello Social da cidade para valorar a situación do naval na ría de Vigo

Abel Caballero, quen xa adiantara esta posibilidade a proposta das centrais sindicais, anunciou hoxe venres a convocatoria do Consello Social para o próximo martes, 8 de maio, ás 17 horas, sesión na que estudarase a situación do sector na ría viguesa. O alcalde avanzou que respaldará as mobilizacións que propoñan os sindicatos.

 


Caballero asegura que os municipios españois “avalan” a súa postura sobre a Cidade da Xustiza

O alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) explicou hoxe venres que a entidade avoga porque as cidades non asuman competencias que non lle corresponden por lei, en particular defende que as urbes non asuman o custo de ceder o solo aos gobernos autonómicos para que estes fagan obras da súa competencia.

 


Caballero subliña que “Vigo en galego” levará o idioma de forma “lúdica e educativa” á cidadanía

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Normalización Lingüística, Manel Fernández, presentaron este venres “Vigo en Galego”, o nome baixo o que aglutínase a campaña municipal de promoción do noso idioma con actividades para todos os públicos. A iniciativa conta coa participación de Uxía Blanco e Benigno Campos, entre outros colaboradores.

 


O pavillón de Bouzas encherase coa festa do kárate infantil, “dunha vistosidade pouco común”, di o alcalde

A festa do kárate infantil volve este sábado ao pavillón de Bouzas (17:00 horas), que rexistrará un cheo absoluto como o ano pasado, con máis de 1.200 espectadores e a organización da A.D. Zanshin.

 


Caballero destaca a “calidade literaria” de Marcial Lafuente Estefanía

O alcalde de Vigo presentou esta mañá o documental “Marcial Lafuente Estefanía. Galicia Máis oeste que nunca”, baseado na figura deste popular autor de novelas o oeste que comezó á súa carreira no Vigo dos anos 40. Baixo a dirección de José Ballesta de Diego, este traballo presentase o sábado,5 de maio as 20.30 horas, no Auditorio Municipal.

 


Abel Caballero di que os XVI Xogos Autonómicos Special Olympics de natación “son a plasmación real da solidariedade”

Os XVI Xogos autonómicos de natación para discapacitados intelectuais disputaranse este domingo na piscina do Carmen, do IMD das Travesas, baixo a organización da Asociación San Francisco. A inauguración terá lugar ás 10:45 horas co desfile dos ao redor de 300 deportistas participantes e coa lectura do lema dos deportistas de Special Olympics, comezando as probas xusto ao mediodía.

 

Avellentamento Activo-Taller de Risa Activa e Taller de Vivir en positivo para persoas maiores

 

Pechadas ao tráfico as rúas Bagunda e Gonderan

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: