Diputación de Pontevedra

 A DEPUTACIÓN FACILITA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA DOS IMPOSTOS DOS VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e o delegado de Vigo do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, Pedro García Orois, asinaron esta mañá un convenio de colaboración que permitirá tramitar de forma telemática desde as propias xestorías a autoliquidación do imposto de vehículos de tracción mecánica.

O convenio vén a completar o asinado o pasado ano coa delegación de Pontevedra do antedito colexio, que está a dar moi bos resultados, evitando que os cidadáns que dan de alta un novo vehículo teñan que desprazarse ao ORAL ou aos concellos para facer o pagamento do imposto correspondente.

Mediante o acordo cos xestores administrativos, a Deputación abre unha canle telemática que lles dá acceso a estes profesionais á aplicación de xestión tributaria do ORAL (ao que están adheridos máis do 80% dos concellos da provincia), de forma que poden realizar desde as propias xestorías o pagamento dos anteditos impostos e a cumprimentación da documentación necesaria, co conseguinte aforro de tempo e desprazamentos.

O presidente da Deputación destacou que se trata dun paso máis na necesaria “flexibilización da administración e eliminación de burocracia”, co obxectivo de facerlle máis doada a vida aos cidadáns.

O PRESUPOSTO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO 2012 SERÁ DE 154 MILLÓNS

A Deputación de Pontevedra contará cun presuposto consolidado para o exercicio de 2012, de 154 millóns de euros, perto dun 3% menos que o ano pasado. Así o informou hoxe o seu presidente, Rafael Louzán, en rolda de prensa na que avanzou que as contas provinciais aprobaránse a finais de maio ou principios de xuño.

Louzán indicou que a Deputación de Pontevedra poñerá en marcha plans de apoio e colaboración específicos para obras nos concellos cunha inversión entre 40 e 50 millóns de euros. <Seremos das poucas institucións galegas que investirán nos concellos>, dixo.

A concreción deses plans definiráse nos vindeiros días. Previsiblemente serán, dunha banda, a través da asunción, por parte da Deputación, da cantidade que viña aportando o Estado aos plans provinciais de obras _e que agora deixará de facelo_ máis a  cuantía que xa viña aportando a institución provincial a eles. Este plan, o PPC, posibilitou o ano pasado 78 actuacións nos concellos da provincia cunha cantidade de 5,5 millóns dos que o Estado aportaba 2,2 millóns, a Deputación 2 e os concellos 1,3. Agora, a Deputación prevé asumir a aportación do Estado e elevar notablemente a cantidade final para traballos municipais.

A outra concreción da inversión de 40-50 millóns nos concellos deriva dun plan para gasto corrente que se está a definir.

Louzán indicou que nestes presupostos non se prevé cubrir as prazas vacantes por xubilacións que virán a sumarse ás 50 xa amortizadas e non cubertas nos dous anos anteriores. <Na nosa liña de adelgazar a Administración, non cubriremos esas prazas e redistribuiremos os efectivos actuáis en busca dunha maior eficiencia>, afirmou.

O presidente da Deputación destacou tamén que os presupostos para 2012 fixan unha reducción da débeda da institución provincial en 14 puntos, co que, ao rematar o ano, rondará os 90 millóns.

Na súa comparecencia, anunciou que a devolución das liquidacións dos anos 2008 e 2009 _que o anterior goberno da Nación fixo incorrectamente e que obrigaban á institución provincial a devolver 48 millóns ao Estado_ quedou aprazada polo actual goberno, e dixo que a liquidación do 2010 foi positiva para a Deputación de Pontevedra en 15,5 millóns.

<Os nosos presupostos reducen gastos,  manteñen a inversión pública en obras e servizos básicos nos concellos>, conclueu.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: