GALICIA REXISTROU NO MES DE ABRIL UN TOTAL DE 277.644 PERSOAS DESEMPREGA​DAS

  • A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, concretou que o aumento foi do 0,31 por cento
  • O principal incremento prodúcese no sector da industria e da construción

 

Santiago, 4 de maio de 2012.- Galicia pechou o mes de abril cun total de 277.644 persoas desempregadas, o que supuxo un incremento con respecto ao mes anterior do 0,31 por cento, un total de 849 persoas en termos absolutos.

A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, cualificou este dato como “negativo” dado que é un aumento do desemprego en Galicia. Os principais incrementos este mes producíronse no sector da industria e da construción. Así, por sectores, o desemprego sube en todos eles, destacando a industria (+337) e a construción (+333). A continuación situase o colectivo sen emprego anterior (+71); os servizos (+62); e a agricultura e a pesca (+46). No Estado o desemprego diminuíu nun 0,14 por cento, o que supón un descenso de 6.632 persoas, de xeito que o número de desempregados en España sitúase no 4.744.235. Este dato estatal derívase da tendencia á baixa de comunidades autónomas onde xa empezan as contratacións da tempada estival e onde hai un importante sector turístico en Semana Santa. Das 7 comunidades autónomas onde sube o desemprego, Galicia é a segunda onde menos sube en termos relativos. Por provincias, o desemprego incrementouse neste mes en Galicia en todas elas, agás en Pontevedra, onde diminúe o desemprego. Onde máis aumentou foi na Coruña (+ 1.061); Ourense (+409) e en Lugo (+14). Pola contra, en Pontevedra o desemprego baixou en 635 persoas desempregadas, debido principalmente á contratación no sector servizos derivados da Semana Santa e de certo factor estacional, relacionado co comezo da tempada estival. No mes de marzo rexistráronse en Galicia un total de 46.552 contratos, 1.080 contratos máis que no mes anterior; deste total, 4.175 foron indefinidos (8,97%) e 42.377 temporais (91,03%).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: