O PP DE SALCEDA ACUSA AO ALCALDE DE “VENDER OBRAS NAS QUE O CONCELLO NON INVISTE NIN UN SÓ EURO

Trátase do gasoduto que vai dende Porriño a Salvaterra e quedará servizo a Salceda nun futuro próximo. Un proxecto aprobado en Consello daXunta e no que o Concello non mediou nin investiu nada e sen embargo “vendeu”aos medios de comunicación como “se todo se fixera gracias a el”

Salceda de Caselas, 4 de maio de 2012.- O Partido Popular de Salceda de Caselas acusa ao Bipartito local, e máis concretamente ao alcalde, de “vender obras nas que o Concello non investiu nin un só euro e sen embargo vende aos medios de comunicación como se todo se fixera gracias a súa xestión e aos seus fondos”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente e concelleiro do PP.

Trátase nesta ocasión, “pois xa non é a primeira vez que se apodera de decisións e logros de terceiros para facelos seus”, das obras do gasoduto que vai dende Porriño ata Salvaterra e dará servizo a Salceda nun futuro próximo. “Pois ben, o rexedor nacionalista foi facerse unha foto anunciando o avance das obras que traerá beneficios a Salceda e aos salcedenses, vendendo o proxecto como se fose financiado con fondos municipais e nin tan sequera houbo mediación algunha por parte do Concello para que así fora, pois trátase dunha obra que foi aprobada en Consello da Xunta, sen ter nada que ver no asunto a Administración local”.

“Unha actitude de falta de educación e deslealdade institucional froito claramente da falta de xestión do Bipartito”, remarcan dende o PP que se alegran “de que promocione as obras da Xunta de Galicia xa que el e o seu goberno están unicamente ocupados nas disputas internas como xa son por todos coñecidas”.  

No último ano BNG-PSOE non fixeron nada polo progreso de Salceda, “nin unha soa obra e nin unha soa mellora”. Os proxectos que chegaron ao municipio foron da man doutras administracións públicas como é o proxecto de saneamento de San Esteban de Budiño, financiado cen por cen por Augas de Galicia e incrementándose a partida en 500.000 euros gracias ás continuas peticións do PP de Salceda ante o conselleiro.

 

 

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: