Archivo | mayo 6, 2012

Ana Pastor confirma su presencia en la cuarta edición de la NAVALIA

  La Ministra de Fomento participará en el acto inaugural de la Feria Internacional de la Industria Naval de Vigo, que tendrá lugar del 22 al 24 de mayo en IFEVI

Vigo, 6 de mayo de 2012.- La Ministra de Fomento, Ana Pastor, participará en el acto inaugural del la cuarta edición de Navalia, la Feria Internacional de la Industria Naval de Vigo. Así lo confirmó su gabinete este fin de semana a la organización del evento. La inauguración oficial, prevista para el día 22 de mayo, tendrá lugar en el auditorio del Instituto Ferial de Vigo y concluirá con el tradicional paseo por el recinto ferial, que este año ocupará 25.000 metros cuadrados. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA O TRABALLO DOS ARTESÁNS GALEGOS NA INAUGURACIÓN DA FEIRA DE ARTESANÍA DE TUI

A directora xeral de Comercio inaugura a XVI Feira de Artesanía de Tui e visita as exposicións de cerámicas, calzados e tocados populares

 Os artesáns estarán traballando en vivo os dous días da feira, para facer visible o valor do seu traballo

-A feira compleméntanse cun curso de perfeccionamento na pasamanería organizado pola Consellería

La foto del día.

 O presidente​, Rafael Louzán, e a deputada, Marta Iglesias, asisten en Mos ó acto de posta en Servizo do Parque Empresaria​l de Veigadaña a cargo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e do conselleir​o de Medio Ambiente .

O parque empresarial de Mos,no que se investiron preto de 50M€, ten unha superficie de case 800.000 m² con 77 parcelas, das que xa están vendidas as dúas terceiras partes e na que xa traballan 11 empresas a pleno rendemento

§ Destaca que a posta en marcha do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais permitirá multiplicar por tres a superficie actual de solo industrial, pasando de 19 millóns de m² a 62 millóns de m²

§ Salienta que o Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial de Promoción Pública “nace co obxectivo principal de constatar e acreditar a demanda real de solo industrial en Galicia e, en consecuencia, de priorizar as actuacións”

§ “O noso compromiso foi, é e será seguir facendo da área metropolitana de Vigo un territorio atractivo e competitivo para atraer empresas foráneas e evitar a fuga de empresas galegas cara a outros países”, subliña

Limparonse os fondos mariños e a superficie da praia de Bouzas,

   A Asociación de Marineros Artesanales y  Deportivos San Miguel de Bouzas, organizadora desta actividade,  contou coa profesionalidade sen ánimo de lucro de submarinistas e voluntarios que conseguiron novamente unha óptima labor Leer Más…

O BNG ORGANIZA EN TOMIÑO UN ACTO PÚBLICO SOBRE AS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES

O acto vai        dirixido a        cidadanía en xeral e en particular aos afectados pola estafa        financieira.

Tomiño

 O BNG organiza este domingo      día 6 de maio ás 11h30 un acto público acerca da estafa das      participacións preferentes. A cita é na Casa da Cultura e contará      coas intervencións da Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o      portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

O acto sobre as      participación preferentes vai dirixido a cidadanía en xeral e , en      particular, aos afectados e afectadas polas participación      preferentes. Durante a charla, haberá posibilidades de preguntas e      intervencións do público o cal fará desta cita un acto aberto

XUNTA COMEZA OS TRABALLOS DE ACONDICION​AMENTO DA ESTRADA FORESTALAO PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA, EN TUI, ONDE UN MANANCIAL FOI SOCAVANDO OTERREO

 O Executivo galego investirá algo máis de 83.000 euros no acondicionamento do acceso principal ao parque natural

§ Os traballos están destinados a corrixir os corrementos de terra, estabilizar os noiros e darlle unha maior consistencia aos muros de mampostería existentes

§ A principal causa desta situación, ademais das propias características da vía, é a existencia dun manancial subterráneo que foi socavando o terreo pouco a pouco

DEPUTACIÓN DESTINA 192.000 € A ENTIDADES QUE PRESTAN APOIO A FAMILIAS EN SITUACIÓN DE EXTREMA NECESIDADE

 A Xunta de Goberno aprobou as bases que regularán a concesión destas axudas

A Deputación Provincial de Pontevedra destina 192.000 euros a entidades de iniciativa social que prestan asistencia e apoio a familias en situación de extrema necesidade e que precisan de axuda para cubrir as súas necesidades básicas, como alimento, vestido e hixiene.

A Xunta de Goberno aprobou, na súa xuntanza de onte, as bases que regulan a concesión destas axudas, que teñen como principal obxectivo paliar a grave situación que padecen familias do noso entorno para cubrir as súas necesidades máis elementais.

As subvencións van destinadas ao mantemento de comedores sociais, ao apoio para familias que carecen de recursos, ao sustento servizos de hixiene, lavandería e roupeiro, á prestación de servizos gratuítos de acompañamento para persoas que precisan apoio familiar e social e a facilitar catering a domicilio para persoas que, pola súa situación persoal, non poidan desprazarse aos Centros Asistenciais de reparto de comida.

Incremento das necesidades

O obxectivo da Deputación Provincial é seguir prestando apoio a entidades que están a desenvolver unha gran labor social, que se fai máis necesaria ca nunca en momentos coma o actual, cando a grave crise económica que afecta ao país fai que sexan cada día máis as persoas que teñen que acudir a centros sociais en busca de axuda para cubrir as súas necesidades básicas.

O apoio da administración faise aínda máis necesario dado que, ao aumento no número de usuarios, súmase a redución na achega de particulares dado que son moitos os que, debido ás dificultades económicas, se viron na obriga de reducir as achegas a estas entidades.

16,7% da poboación de Pontevedra, en risco de pobreza Leer Más…