A CIG, CCOO e UGT chaman á cidadanía de Vigo a unha gran mobilización ante a “situación límite” do sector naval

Lembran que a economía da comarca depende dunha industria que xa perdeu 8.000 empregos dende o bloqueo do tax lease

VIGO/07-05-12

Os sindicatos maioritarios da comarca de Vigo fan un chamamento a todos os veciños e veciñas para que participen nas mobilizacións convocadas nos vindeiros días para reclamar unha solución definitiva á “situación límite” que atravesa o naval en Vigo. Deste xeito, ao paro parcial previsto no sector para o xoves súmase tamén unha gran manifestación cidadá que percorrerá as rúas da cidade este sábado 12 de maio. O lema escollido nesta ocasión para celebrar a marcha reivindicativa é “Polo futuro industrial de Vigo. Defendamos o naval”, moi en liña coas consignas que protagonizaron as últimas mobilizacións do sector. Os secretarios comarcais da CIG, CCOO e UGT compareceron esta mañá en rolda de prensa xunto aos responsábeis do Naval dos tres sindicatos para explicar os detalles do calendario de protestas elaborado conxuntamente polas centrais. Para este xoves está revisto un paro de media xornada no sector, que será aproveitado polos traballadores/as para percorrer as rúas de Vigo até a delegación da Xunta de Galiza. Dende os sindicatos fixeron un chamamento a todos/as os parados/as do sector para que participen nas mobilizacións. Neste senso, lembraron que arredor das 11.30 horas confluirán no cruce de Colón os operarios procedentes de Beiramar cos seus compañeiros/as de Teis. “Neste lugar tamén está previsto que se sumen á marcha os traballadores/as do sector que nestes momentos están no paro”.

A semana rematará cunha gran mobilización cidadá convocada tamén de xeito conxunto polos tres sindicatos. Será o sábado día 12 a partir das 19.00 horas dende o cruce das rúas Lepanto con Urzaiz. As tres centrais reclamarán o apoio dos colectivos e institucións da cidade á protesta no Consello Económico e Social que se reúne mañá no consistorio 

Dende a CIG lembraron que a industria naval representa o 30% da riqueza da comarca e ten ocupado 10.000 empregos directos e preto de 30.000 indirectos. Ao mesmo tempo, denuncian que dende o bloqueo do tax lease xa desapareceron máis de 8.000 empregos e unhas 200 empresas tiveron que pechar. “Hai culpábeis políticos desta situación e temos que sinalalos; os Gobernos español e galego teñen que buscar alternativas ao sistema de bonificación fiscal e facer unha aposta clara polo sector, xa que do contrario certificarán a súa morte”, explicou o secretario comarcal da central nacionalista, Serafín Otero. 

Pola súa banda, o responsábel do Naval da CIG, César Rodríguez, lembrou o sucedido nos anos 80, “cando intentaron liquidar o sector e a cidadanía respondeu con mobilizacións contundentes”. Nesta liña, apostou por esixir na rúa unha solución urxente para un sector “que semella que queren deixar morrer” e que se atopa nunha situación crítica: o 50% das empresas auxiliares pecharon, un dos tres estaleiros tamén e outro (o maior do Estado español) atópase sen actividade.

 Finalmente, as organizacións sindicais reclamaron información sobre a última reunión mantido entre o ministro de Industria e o comisario europeo da Competencia. “Semella que algo decidiron, pero seguimos sen saber nada”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “A CIG, CCOO e UGT chaman á cidadanía de Vigo a unha gran mobilización ante a “situación límite” do sector naval”

  1. MDF dice :

    Spain. Propuesta para un debate popular (VIII).

    Constitución de la Unión de Repúblicas Socialistas Hispánicas (URSH)

    Capítulo III.- ORGANOS SUPERIORES DE PODER DE LA U.R.S.H.

    Artículo 31.- La Asamblea de la Unión elige su Presidente y cuatro Vicepresidentes. La Asamblea de las Repúblicas Federadas elige su Presidente y dos Vicepresidentes. Los presidentes de las Asambleas presiden las reuniones de las respectivas cámaras y velan por la aplicación de su reglamento interno. Las sesiones conjuntas de las dos cámaras las presiden por turno los presidentes de la Asamblea de la Unión y de la Asamblea de las Repúblicas Federadas.

    Artículo 32.- La reuniones de la Asamblea Suprema de la URSH son convocadas por su Comisión Permanente una vez cada mes del año. Las reuniones extraordinarias serán convocadas por la Comisión Permanente de la Asamblea Suprema de la URSH cuando lo considera necesario o a petición de cualquier república federada.

    Artículo 33.- En caso de desacuerdo entre la Asamblea de la Unión y la Asamblea de las Repúblicas Federadas, el asunto será sometido a decisión de una Comisión de Conciliación formada por ambas cámaras sobre bases paritarias. Si la Comisión de Conciliación no llegara a un acuerdo concorde o si el acuerdo no satisficiera a una de las cámaras, el asunto sería examinado por segunda vez en las cámaras. En el caso de que no se lograra un acuerdo concorde de ambas cámaras, la Comisión Permanente de la Asamblea Suprema de la URSH disolvería dicha Asamblea y convocaría nuevas elecciones.

    Artículo 34.- La Asamblea Suprema de la URSH elige en sesión conjunta de ambas cámaras la Comisión Permanente de la Asamblea Suprema, compuesta del Presidente, veinte Vicepresidentes –uno por cada república federada–, el Secretario y otros veintisiete miembros. Dicha Comisión Permanente rinde cuenta de toda su actuación ante la Asamblea Suprema de la URSH.

    Pulsar “Entrar” en:

    http://aims.selfip.org/spanish_revolution.htm

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: