Comunicado de prensa sobre Centro de Salud de Navia -Alcaldía de Vigo

Vigo, 7 de maio de 2012.

xa estaría pechado en cumprimento da legalidade. É a Xunta de Galicia á que non cumpriu coa entrega da documentación correspondente e así llo fixeron saber os técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo que se puxeron en contacto coa administración autonómica para proceder de xeito inmediato á visita de inspección previa á concesión de licencia de primeira ocupación e posta en funcionamento e foi a Xunta a que fixou a data no mércores 9 de maio. A Xerencia de Urbanismo estaba disposta a acudir esta mesma mañá para cumprir os trámites. Os técnicos de Urbanismo tamén lle comunicaron telefónicamente aos da Xunta que a solicitude de primeira ocupación e posta en funcionamento estaba incompleta xa que non aportaron a seguinte documentación: o certificado expedido pola empresa homologada, acreditativo de que o edificio cumpre coas condicións de aillamento acústico esixido polo CTE e a ordenanza municipal sobre ruídos e vibracións. Tamén falta por aportar o documento acreditativo de que a obra ou instalación foi dada de alta á efectos do IBI. Ambos documentos son obrigatorios e así se lles fixo constar no seu día coa concesión da licencia de obras, polo que xa tiñan coñecemento. Una vez comprobadas polos técnicos municipais as condicións da edificación, medidas de seguridade, accesibilidade, urbanización, etc, realizarase o preceptivo informe xurídico previo á resolución de primeira ocupación e posta en funcionamento da actividade.

A citada licenza foi presentada no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo o día 20 de abril de 2012 (cando o fin de obra é de 28 de febreiro), é dicir, con case dous meses de retraso. Esixen do Concello de Vigo que nun prazo de 10 días teña concedida a licenza, sen nin tan siquera presentar a documentación obrigatoria; queren que o Concello cometa unha ilegalidade. Pero, ademais, a Xunta de Galicia tardou dous meses en presentar a solicitude, xa que tiñan as obras rematadas desde febreiro, dando mostras dunha absoluta neglixencia. A falta de dilixencia da Xunta de Galicia en demandar a licenza de primeira ocupación e posta en funcionamento é a causa de que a día de hoxe non estea concedida. A Xunta de Galicia é unha administración con competencias en urbanismo e no control de la legalidade nesta materia. Cómo é posible que lles esixan aos cidadáns o seu estrito cumprimento cando eles non dan exemplo? Sendo as licenzas unha actividade regrada na que se supervisa o cumprimento de diferente normativa, moita dela autonómica, é increíble que a Xunta de Galicia incumpla as súas propias normas. O Goberno municipal leva 3 años (desde que se concedeu a licenza de obras) esixindo á Xunta de Galicia que se abra este Centro de Saúde. Para o Goberno municipal de Vigo a sanidade pública é unha prioridade, tanto é así que o Alcalde, Abel Caballero, o día 7 de febreiro de 2008 asinou a escritura pública de cesión gratuita do Concello á Xunta da parcela onde se ubica o citado Centro de Saúde.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: