Delegada Xunta de Galicia

120508_DeclasCSNavia

  BRAVO BOSCH RECIBE AO NOVO XEFE SUPERIOR DA POLICÍA DE GALICIA, JAIME IGLESIAS, AO QUE AGRADECEU O SEU TRABALLO E COLABORACI​ÓN

  • Acompañado do Comisario Xefe da Policía de Vigo, Guillermo Sánchez, é a primeira visita institucional que o novo Xefe Superior da Policía de Galicia fai á delegada territorial da Xunta en Vigo.
  • Durante o encontro, trataron tamén a posibilidade de ubicar á Policía Autonómica de Vigo noutras dependencias.

 Vigo, 08 de maio de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, recibiu esta mañá ao novo Xefe Superior da Policía de Galicia, Jaime Iglesias, nunha primeira visita institucional á Delegación Territorial da Administración autonómica na cidade tras tomar posesión do seu cargo, e onde estivo acompañado polo Comisario Xefe da Policía de Vigo, Guillermo Sánchez.-En declaracións aos medios, Bravo Bosch explicou que se tratou dunha primeira reunión institucional na que solicitou a “máxima colaboración” coma Administración autonómica. A delegada amosou a súa “satisfacción” porque Jaime Iglesias ocupe este novo posto resaltando as súas virtudes e a súa seriedade nun cargo de “máxima responsabilidade”. Durante o encontro, os representantes do Corpo Nacional de Policía e a delegada territorial coincidiron en tratar o “momento de especial responsabilidade” que supón o ano 2012, e avogou pola vía do “consenso” e a “cordialidade” ofrecendo “a man tendida” a todas as forzas sociais e políticas. Por último, e durante a reunión, tamén trataron a posibilidade de ubicar á Xefatura da Policía Autonómica de Vigo noutras dependencias distintas das actuais. “Estamos a ver as posibilidades que existen”, dixo María José Bravo Bosch, quen insistiu nas vías da colaboración entre a Policía Autonómica –Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma- e os membros da Xefatura da Policía Nacional de Vigo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: