O PLAN DO ISSGA PARA 2012 CONTÉN 72 MEDIDAS DE DISTINTAS MODALIDADE​S PREVENTIVA​S PARA COMBATER Á SINESTRALI​DADE LABORAL

  •   A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe unha xornada de prevención de riscos laborais na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
  • Salientou que, entre estas 72 actuacións, inclúense outras iniciativas novidosas como a análise da sinestralidade en profesións feminizadas; a posta en marcha do mapa de enfermidades profesionais ou o programa forestal

Santiago, 8 de maio de 2012.- O Plan anual do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) para 2012 contén un total 72 actuacións nas distintas modalidades preventivas: seguridade, hixiene, ergonomía, psicoloxía e medicina no traballo co fin de combater a sinestralidade laboral. Así o salientou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na inauguración dunha xornada sobre prevención de riscos laborais na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).  Entre estas 72 actividades, a titular do departamento autonómico salientou algunhas iniciativas novidosas como a posta en marcha dun programa forestal; a análise da sinestralidade laboral en profesións feminizadas; a posta en marcha do mapa das enfermidades profesionais; o desenvolvemento de estudos epidemiolóxicos de redeiras; o estudo das causas dos accidentes graves e mortais en Galicia; a elaboración do mapa de risco químico; ou a formación para a administración local. Estes plans anuais de actividades veñen a desenvolver o Plan estratéxico en prevención de riscos laborais 2011-2014, que foi “deseñado, consensuado e acordado por todos os axentes implicados no marco do Diálogo Social”. Ademais, a Xunta tamén está a traballar noutros ámbitos como o impulso da coordinación e da transversalidade entre os distintos departamentos do Goberno galego, ou o fortalecemento da colaboración entre as autoridades laboral, sanitaria e educativa. Grazas a estes esforzos, no período 2007-2012 a sinestralidade tense reducido en máis do 33 por cento –cando o obxectivo da Unión Europea para este período era do 25 por cento, polo que Galicia superou a meta marcada-. Esta tendencia á baixa reflíctese tamén nos resultados deste primeiro trimestre de 2012, que amosan que a redución foi –en comparación co mesmo período do ano anterior- do 16,5 por cento.

Con todo, Mato fixo fincapé en que é preciso “seguir avanzando na redución da sinestralidade, sobre todo tendo en conta que a maioría de accidentes e enfermidades laborais son evitables”.

Ademais, salientou que a seguridade e saúde laboral deben seguir sendo un “obxectivo prioritario”, dado que incrementan a protección dos traballadores e tamén contribúen á eficiencia empresarial, ao mellorar a produtividade e a competitividade, ao reducir os custes de absentismo e da compensación dos danos, e ao aumentar a motivación dos traballadores.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: