PORTOS DE GALICIA ANUNCIA A CONTRATACI​ÓN DO ESTUDO DE FÓRMULAS DE ABRIGO PARA O PEIRAO DE PANXÓN

  •   O organismo prevé poder dar a coñecer públicamente as alternativas técnicas nun prazo estimado de tres meses

Santiago, 7 de maio de 2012.-  Portos de Galicia contratará nos vindeiros días unha asistencia técnica para realizar un estudo sobre a dinámica marítima do porto de Panxón, de tal modo que se identifiquen as necesidades de abrigo e se propoñan as fórmulas de actuación para darlles resposta. Así o anunciou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita ao municipio pontevedrés de Nigrán.

Durán Hermida informou aos representantes do sector profesional e da náutica recreativa dos obxectivos deste estudo e indicou que, de non xurdiren imprevistos, as previsións apuntan a que o ente público poida dar a coñecer as alternativas resultantes do estudo ao longo deste ano. Deste xeito exporanse todas as posibilidades técnicas e a súa viabilidade económica.

Coa contratación deste estudo Portos de Galicia dará cumprimento ao compromiso acadado co sector profesional da zona de estudiar as posibilidades de reforzar o abrigo para mellorar as condicións de traballo dos mariñeiros, beneficiando en paralelo á flota recreativa.

Esta actuación súmase á mellora recentemente rematada no porto de Panxón, a remodelación do bordo portuario, na que a Consellería do Mar, a través de Portos, investiu un millón de euros. Esta actuación incluíu a execución dunha pasarela peonil en voadizo, para mellor mobilidade e seguridade viaria da zona portuaria; a ampliación da rampla para incrementar a capacidade de varada de embarcacións e creación de novas prazas de aparcadoiro para os profesionais; e a redefinición do vial e a rotonda de acceso. Finalmente proceduse tamén ao axardinamento da zona.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: