Galiza Nova chama á mocidade galega a apoiar a Folga estudantil do 10 de maio,

Iria Aboi afirma que «ante un recorte de dereitos sen precedentes, hai alternativa: a mobilización masiva». 

Baixo o lema «O ensino é un dereito e non un privilexio» Galiza Nova está a desenvolver na Comarca de Vigo unha intensa campaña para espallar a Folga Estudantil do vindeiro 10 de maio contra os recortes do PP no ensino público, especialmente a suba de taxas. Con esta convocatoria Galiza Nova esíxelle a Feijóo que «antepoña os intereses das mozas e mozos galegos aos do PP e non aplique as medidas contidas no RD 14/2012, tan prexudiciais para o ensino público galego». Iria Aboi, Secretaria Xeral da formación, explica que «todo o noso esforzo está destinado a que a folga sexa un éxito para que os gobernos español e galego tomen nota do rexeitamento que existe entre a comunidade educativa ante os recortes e rectifiquen estas políticas que hipotecan o noso futuro». Aboi engade que «ante un recorte de dereitos sen precedentes, hai alternativa: a mobilización masiva». O Responsabel Comarcal, Antón Campos, informa que «a campaña está a ter unha extraordinaacollida entre o estudantado», así mesmo, informa da convocatoria dunha concentración parapropia xornada de folga na Praza de América de Vigo ás 12 horas. Galiza Nova da comarca de Vigo chama á mocidade galega a apoiar a Folga Estudantil do 10 maio, para «parar os recortes do PP no ensino público, por inxustificados e socialmente inxustos»anuncia que «se o goberno do PP non rectifica esta folga estudantil será só a primeira das medid que tomaremos e seguiremos mobilizándonos contra o sacrificio dos dereitos da maioría para beneficexclusivo dunha minoría». 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: