A COMISIÓN XESTORA DO CONSORCIO DE LOURO APROBA UNS NOVOS ESTATUTOS PARA A XESTIÓN DE TODO O CICLO URBANO DA AUGA NO RÍO LOURO

  • O consorcio xestionará o ciclo completo da auga dos case 60.000 habitantes destas catro administracións municipais
  • O novo ente irá un paso máis alá da xestión da EDAR de Guillarei e encargarase de todo o saneamento e abastecemento, inspección, explotación de todas as instalacións de potabilización, depuración e bombeo do ámbito territorial
  • A sociedade configúrase como local, aínda que con participación autonómica, polo que a Xunta permanecerá para garantir a sostibilidade institucional e económica nos primeiros anos ata o seu autofinanciamento

Santiago, 10 de maio de 2012.- A comisión xestora encargada da tramitación dos estatutos do novo consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro reuniuse hoxe para tratar o borrador dos novos estatutos, e aprobalos inicialmente para continuar coa súa tramitación.

Cómpre recordar que no ano 2009 o Goberno da Xunta de Galicia puxo en marcha a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei e impulsou a creación dun consorcio que se encargara da xestión do sistema de saneamento do Louro, o cal inclúe a citada EDAR. Pero o novo ente irá máis alá da idea inicial de xestión da EDAR de Guillarei, xa que se encargará de todo o saneamento e abastecemento, inspección, explotación de todas as instalacións de potabilización, depuración e bombeo do ámbito territorial.

O novo consorcio xestionará o ciclo completo da auga dos 58.918 habitantes dos 4 concellos pontevedreses. A prestación deste servizo integral implica a garantía ambiental para o río Louro, non só coa xestión do saneamento, senón cun sistema de inspección máis rigoroso dos vertidos das industrias; o servizo da depuración da EDAR de Guillarei e a sostibilidade económica, financeira e institucional na xestión.

O consorcio configúrase como local, aínda que con participación autonómica, polo que a Xunta permanecerá para garantir a sostibilidade institucional e económica nos primeiros anos, ata o seu autofinanciamento.

A Xunta de Galicia aposta por compartir servizos entre concellos con fórmulas de colaboración coma a citada. Cabe recordar que o consorcio será o que xestione directamente os ingresos polos servizos da auga, en vez de recibir transferencias dos concellos, o que evitará problemas no futuro por débedas ou reparto de custos.

Agora, o seguinte trámite é a aprobación provisional dos estatutos na asemblea de todos os concelleiros dos concellos afectados, co obxectivo final de que estea constituído antes do final do ano 2012.

Novidades do novo estatuto

As principais novidades introducidas nos estatutos sobre o previsto inicialmente son:

–       A principal, que se amplía o obxecto do Consorcio a todo o ciclo da auga. Modifícase o título, a finalidade, as potestades e as competencias do ente supramunicipal no senso de abarcar a prestación destes servizos.

–       Simplifícase a composición do Comité Directivo e a elección da Presidencia e Vicepresidencia, de modo que a representación dos concellos é superior á da Comunidade Autónoma de Galicia, de modo que se afiance a natureza local do consorcio.

–       Prevese que o financiamento sexa preferentemente con recursos propios, o que evitará transferencias dos concellos ao Consorcio, e co apoio explícito da Xunta de Galicia para cubrir eventuais déficits que se poidan producir nos primeiros anos de funcionamento.

–       Así, a xestión do servizo, e a recadación polo servizo será directa por parte do Consorcio.

–       Para reforzar a transparencia e a operatividade, introdúcense dúas previsións a petición dos concellos relativas a necesidade de aprobación dos proxectos polos concellos nos que se vaian a executar as obras promovidas polo Consorcio, e a permitir que os concellos poidan executar obras promovidas por eles no ámbito dos seus termos municipais, co coñecemento do Consorcio.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: