A FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA CELEBRA ESTE SÁBADO A XORNADA RETOS E OPORTUNIDA​DES PARA AS EMBARCACIÓ​NS PATRIMONIA​IS

  Patrocinada pola Consellería do Medio Rural e Mariño e o proxecto NEA2, achegará a nova estratexia marítima da Unión Europea ás embarcacións patrimoniais

Terá lugar en Cambados, no Salón de Actos do Centro Comarcal do Salnés, de 10:00 h. a 18:30h
Cambados, 10 de maio de 2012.- Nin os reveses nin os problemas financeiros derivados da falla de compromiso do actual alcalde de Vilagarcía de Arousa no X Encontro de Embarcacións tradicionais de Galicia celebrado en Carril minan o carácter emprendedor e de defensa do patrimonio cultural flotante da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
Non son os ventos propicios mais cumpre navegar aínda que sexa bolineando. Así o entende a Federación que fiel aos compromisos adquiridos no X Encontro, avoga polo recoñecemento oficial e uso das Embarcacións de Interese Patrimonial. Emporiso, vai reunir en Cambados o vindeiro sábado 12 de maio a técnicos e autoridades da Dirección Xeral da Mariña Mercante, da Consellería do Medio Rural e do Mar, das deputacións de Lugo, Coruña e Pontevedra, da Secretaría Xeral de Turismo e tamén a de Cultura, a Dirección xeral de Comercio, Portos de Galicia, ao colexio de enxeñeiros navais, a asociación de carpinteiros de ribeira e mesmo do Museo do Mar de Galicia. Todos para deseñar e harmonizar ideas, criterios e proxectos centrados no mantemento a flote e plenamente operativas ás embarcacións de interese patrimonial como mellor método de salvagarda do noso patrimonio marítimo.
Abordaranse, xa que logo, as problemáticas derivadas do uso tanto como buques escola, charteo ou aluguer ou mesmo como embarcacións de pasaxe, construción de réplicas, recuperación de fasquías tradicionais, amarres, e, por suposto, o seu recoñecemento quer como ben cultural, quer como elemento de discriminación positiva nas lexislacións e normativas de aplicación ao se uso. Dito análise será efectuado polo Capitán Marítimo de Vigo, Juan José Escolar, quen avanzará as posturas da Dirección Xeral da Mariña Mercante ao respecto desta temática.
Con todo, o máis salientábel será a análise sobre os retos e oportunidades que a Estratexia Marítima no Arco Atlántico 2014-2020 abre para as embarcacións tradicionais no tocante ao poder de atracción dos territorios a través do turismo, o fomento da cultura atlántica, con accións específicas sobre cabotaxe,  actividades náuticas e temas relacionados coa inclusión social (emprego, educación…) e o reforzo da competitividade das PYMES. Dito análise será feito por Inmaculada Valencia, Directora Xeral de Competitividade e Asuntos Europeos do goberno de Cantabria, goberno que asumirá en breve a presidencia do Arco Atlántico na Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa. Un potencial de desenvolvemento da náutica patrimonial.
A xornada estará dividida en dúas sesións. A primeira, de exposición e coñecemento do estado actual e das oportunidades que esta estratexia pode supor para o patrimonio marítimo,  desenvolverase mediante as ponencias que farán Pablo Carrera, ex-director do Museo do Mar de Galicia, o Capitán Marítimo de Vigo e a Directora Xeral de Competitividade. A segunda, analizará, a través dunha mesa redonda de debate entre os técnicos e as autoridades convidadas, os novos escenarios e oportunidades que a modificación das normativas en materia de navegación a nivel europeo poden traer para o mantemento en uso e mesmo con sentido produtivo do patrimonio marítimo flotante.
A xornada iniciarase ás 10:00 no Centro Comarcal do Salnés, en Cambados coa presenza da Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Medio Rural e do Mar. Unha cita ineludíbel para coñecer a opinión do sector implicado na salvagarda do patrimonio marítimo galego e a postura das administracións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: