O BNG demandou un aumento de 3.100.00 das partidas para o Baixo Miño que foron rexeitadas polo PP esta semana no congreso.

  Davila e Xosé Manuel Méndez explican que as propostas do BNG tiñan por obxecto a dinamización económica da comarca e a creación de emprego.

 

. O PP rexeitou esta semana no Congreso as emendas do BNG para a mellora da comarca do Baixo Miño que tiñan por obxecto a dinamización económica da comarca e a creación de emprego ademais da posta en marcha de servizos fundamentais, segundo explican a Deputada no Congreso dos Deputados Olaia Fernández Davila e o responsábel Comarcal do BNG no Baixo-Miño Xosé Manuel Méndez. As emendas presentadas polos distintos grupos parlamentares foron debatidas e votadas na Comisión de Orzamentos, máis o PP exerceu a súa maioría absoluta e negouse a aceitar propostas como as realizadas polo BNG, moitas delas para a mellora de comarcas como a do Baixo Miño. O BNG presentou as seguintes emendas que tiñan por obxecto a incentivación económica e a xeración de emprego nunha zona necesitada de alternativas: 

– 1.300.000 euros para a construcción do colector xeral de saneamento Carregal-Torrón (Tomiño)

– 900.000 euros para a limpeza e dragaxe na desembocadura do Miño

– 150.000 euros para o Plan Nacional de Calidade das Augas: saneamento de Tomiño

– 400.000 euros para o Servizo de Ferry entre A Guarda e Caminha

– 300.000 euros para o Convenio co Concello de Tomiño para a rehabilitación do edificio que alberga o xulgado de paz, o centro de Formación e Emprego, o mercado municipal e a biblioteca

– 50.000 euros para a Ampliación e mellora da Oficina de Expedición do DNI na comisaría de Tui.

En total, o BNG demandaba un incremento orzamentario para a comarca do

Baixo Miño de 3.100.000 euros, que se adicarían a actuacións necesarias.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: