O Alcalde da Guarda rexeita apoiar o libro en galego

“É contraditorio que o concello organice a Feira do Libro Letras    Galegas e non se centren os descontos na promoción de libros en    galego”

O Bloque Nacionalista Galego presentou no último pleno ordinario    unha moción en apoio do libro en galego nas feiras do libro que se    celebran no concello. A moción non prosperou polos votos en contra    do PSOE.

    O BNG entende que a “Feira do Libro das Letras Galegas” debe estar    encamiñada á promoción e divulgación do libro en galego. A situación    actual, de axuda a todo tipo de libros, ten como consecuencia que a    presenza de libros en galego sexa residual.

    O BNG pon de manifesto as dificultades que está padecendo a cultura    escrita en lingua galega, que compite en inferioridade de condicións    con outras linguas como o español, cunha falta de apoios    institucionais, como a Xunta de Galiza e a Deputación de Pontevedra,    que levou a unha situación de precariedade e, incluso, feche de    moitos medios de comunicación escritos e dixitais, editoriais, etc..    en galego.

“É contraditorio que o concello organice – a Feira do Libro das    Letras Galegas – e non se promocione a venda de libros en galego de    xeito exclusivo”, comentou Hortensia García concelleira do BNG.

    Para o BNG, o concello da Guarda debe centrarse na promoción do    libro en galego, utilizando os fondos que se están a gastar noutras    promocións a facer maiores descontos nos libros en galego. Esta    medida sería un apoio “real” e “efectivo” á producción literaria en    galego.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: