A defensa dos medios en galego xa é universal

 A campaña Vitaminas para o Galego promove a lectura dun manifesto a prol do idioma propio en cidades de todo o mundo e  en diversos institutos de Galicia

Santiago, 17 de maio.- Os 29 medios de comunicación que forman parte da plataforma Vitaminas para o Galego conmemoraron este Día das Letras con “Vitaminas 17”, unha actividade expansiva que tivo lugar en numerosos institutos do país e diversas cidades de todo o mundo, para facer fincapé na necesidade de defender e manter os medios en galego. O obxectivo é prestixiar o idioma e garantir a súa transmisión interxeracional. Na web vitaminasparaogalego.gl pódese consultar o manifesto redactado por esta plataforma, traducido a diversos idiomas, entre eles, o inglés, francés, alemán ou chinés, e que foi lido en diversos países do mundo como Irlanda, Francia, Arxentina ou USA.  Tamén estudantes e profesores de escolas e institutos de Galicia de distintos concellos deste país participaron nesta iniciativa coa lectura deste manifesto que aposta por apoiar os medios en galego.

As distintas iniciativas foron gravadas en vídeo e poden ser consultadas en http://bit.ly/17vitaminas

Lapis para escribir en galego.-Por outra banda, Vitaminas para o Galego tamén puxo en marcha o proxecto “Lapis para escribir en galego”, dentro da campaña “Vitaminas 17”. Segundo o responsábel dun dos medios organizadores, Henrique San Fiz de Radiofusión, “os lapis pretenden ser unha chiscadela de humor e ironía para propiciar a reflexión arredor da utilización da nosa lingua”.Os Concellos que repartiron os lapis para escribir en galego foron Carnota, Vimianzo, Zas, Corcubión, San Sadurniño, Lugo, Carballo, Pontevedra, Vilaboa, Silleda, O Barco de Valdeorras, Arzúa e Monforte de Lemos.-A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Tempos Novos, Galicia Confidencial, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta. Colaboran ademais Xornal da Barbanza Certo, O Sil.info, Crónica 3, Radio Nordés, Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca, Surf GZ, Cardenos de Comunicación e Análise, Lalín e Comarca, Hermes e Atenea , Disquecool, De Luns a Venres, Cabozo.com, Vencello, Cartafol, A nova Peneira, Programa radio Plástico Elástico, Cerne, Terra de Melide, gzvideos, gzmusica, Kubus e Gaceta de Fene.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: