Archive | mayo 21, 2012

NOVACAIXAG​ALICIA HOMENAXEA AOS GRANDES BAILARÍNS DO SÉCULO xx

21.05.2012. O Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo presentará o xoves 31 de maio ás 20:30 h o espectáculo titulado Los virtuosos, un acto de sentida homenaxe a todos aqueles bailaríns e bailarinas que, coa súa arte, mudaron os ritmos clásicos ou ben supuxeron un punto de inflexión na arte da danza.

Os grandes mestres que forman parte xa do paradigma da danza e en cuxa honra se ideou este espectáculo son Vaslav Nijinsky, Alicia Alonso, Mikhail Baryshnikov, Isadora Duncan, Margot Fonteyn, Maya Plisetskaya, Martha Graham, Rudolf Nureyev, Merce Cunningham, Pina Bausch, Vladimir Vasiliev e Anna Pavlova. Moitas das obras que se representarán nesta gala tributo a estas figuras sobranceiras formaron parte do repertorio destes grandes intérpretes, constituíndo, en ocasións, momentos inesquecibles que marcaron un fito na historia da súa posta en escena. Tal foi o caso de Baryshnikov e mais de Vasiliev na interpretación de O corsario e mais Don Quixote, respectivamente, ou ben a de Nijinski en O espectro da rosa. Xunto a estas xoias do ballet clásico, o público poderá gozar tamén de tres pezas de danza contemporánea creadas especialmente para esta gala pola coreógrafa e intérprete Lara Guidetti. Por suposto, non se deixa de lado a impresionante superación das formas tradicionais que elevou á categoría de arte Isadora Duncan a comezos do século xx.As entradas para este espectáculo están á venda en www.servinova.es ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500

PP de Vigo 21-05-12

alejandro perez – plan de juventud

EL PP RECLAMA LA PUESTA EN MARCHA DE UNPLAN INTEGRAL DESTINADO A LOS JÓVENES QUE SE ELABORE POR CONSENSO ENTRE GRUPOSPOLÍTICOS Y COLECTIVOS JUVENILES

·       Elgrupo municipal del Partido Popular considera que Caballero “mantieneabandonada a la juventud, que en la actualidad representa uno de cada cuatrovigueses censados”.

·       “Elgobierno de la ciudad debe ofrecer una programación con suficiente calidad deactividades lúdicas, de formación y de ocio para los jóvenes en verano, como sehace en otras ciudades”, plantea el concejal del PP, Alejandro Pérez

Noticias Ayuntamiento de Vigo. 21-05-2012


O Concello investirá o curso que vén 2.125.000 euros en máis de 5.000 bolsas de ensino

O alcalde de Vigo, Abel Cabellero, destacou hoxe luns o “relevante” esforzo que está a facer o Concello na política de bolsas de ensino. O curso que vén o Goberno municipal outorgará 5.281 bolsas por un valor de 2.125.000 euros.

 


Caballero celebra que Vigo acolla o laboratorio europeo de referencia de biotoxinas mariñas

O alcalde acudiu hoxe luns ao CITEXVI, o Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade de Vigo, onde celebrouse o acto de inauguración das novas instalacións do laboratorio europeo de referencia de biotoxinas mariñas, un centro de “altísimo nivel” que marca desde Vigo os procedementos de detección das biotoxinas para Europa.

 


Abel Caballero felicita ás ximnastas do Club Maniotas, que participarán no Campionato do Mundo

O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión coas responsables e as ximnastas deste club, condecorado o pasado ano como Vigués Distinguido, e que acudirá a Cartaxena onde celebrarase o Mundial de Ximnasia Estética, entre o 25 e o 27 de maio. A entidade ven participando nos campionatos mundiais da especialidade ininterrompidamente desde 2005.

 


O Concello colaborará coa Comunidade Salesiana nos actos pola chegada da reliquia de Don Bosco

O Director da Comunidade Salesiana de “María Auxiliadora”, Aureliano Laguna, solicitou este luns do alcalde do Concello de Vigo a cooperación da administración local no acto de chegada a Vigo dunha reliquia de Don Bosco, o fundador da comunidade salesiana, no que participarán máis de mil persoas, entre actuais e antigos alumnos.

 


Nova charla do ciclo “Historia das mulleres en Galicia”

Ofelia Rey Castelao, catedrática na Universidade de Santiago de Compostela, será a relatora da charla sobre a Idade Moderna do ciclo “Historia das Mulleres en Galicia” que programa a concellería de Igualdade. A charla será o martes 22 de maio ás 19 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.

 

Normalización Lingüística organiza actividades de dinamización para persoas adultas

O servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza para os próximos días actividades de dinamización para persoas adultas sobre comunicarse en público e un obradoiro de escrita creativa.

 

Bando sobre requisitos para a concesión de autorización para disparo o queima de material pirotécnico

Por medio do presente Bando, ponse en coñecemento dos interesados en realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de 50 kg. no termo municipal de Vigo, en especial as comisións de festas e empresas pirotécnicas , os requisitos necesarios para obter a preceptiva autorización municipal.

 

Pechada ao tráfico a rúa Enrique Lorenzo

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a realizar pola empresa AQUALIA, estará pechada ao tráfico (por treitos) a rúa Enrique Lorenzo, treito 1 (entre Santa Tegra e Purificación Saavedra), dende o xoves 24 de maio de 2012 ás 10:00 horas, con acceso exclusivo para garaxes, e por un período aproximado de tres meses.

CIG peche instituro Vigo

 Paise nais, estudantes e docentes péchanse no IES San Tomé de Freixeirode Vigo en protesta contra os recortes no ensino público
Nomarco dunha mobilización da Plataforma Galega en Defensa do EnsinoPúblico que se está a desenvolver en centros educativos de todo opaís Leer Más…

Aproema presenta el primer torneo de Golf sostenible de España

Organizado por la Asociación Profesional de Empresas Medioambientales de Galicia (Aproema) el próximo día 27 se celebrará el “I Torneo Ecogolf Galicia 2012” que se convertirá en el primer evento deportivo de golf sostenible celebrado en España. Con este torneo, que cuenta como patrocinador principal Agroamb-Tresina, UTE, y la colaboración de una treintena de empresas y entidades se pretende contribuir a la implantación de acciones sostenibles en el desarrollo de la práctica del Golf en la Comunidad Autónoma. El objetivo es consolidar en sucesivas convocatorias el que será el primer evento deportivo sostenible de golf partiendo de Galicia hacerlo extensible al resto del territorio nacional. Con ello Aproema pretender difundir la idea de compromiso ambiental que deben adquirir las actividades deportivas en Galicia, acercar el golf a los ciudadanos que desconocen este deporte y facilitar una nueva herramienta de marketing relacional entre las empresas participantes. En este primer torneo está prevista la participación de 120 jugadores con licencia de jugador/a amateur expedida por la R.F.E.G. y con hándicap de juego, y la asistencia de 50 no jugadores para los que se han programado actividades complementarias que les permitirán intercambiar impresiones con sus clientes y con empresarios del sector ambiental.1. Para jugadores del tornero

Programa Leer Más…

Bienestar Social de Galicia

BENESTAR CONVOCA O CERTAME “XUVENTUDE CREA” NO QUE SE PREMIARÁN ATA 11 MODALIDADES ARTÍSTICAS DIFERENTES

  • Esta iniciativa, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está destinada a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que sexan non profesionais
  • Os participantes poderán optar a 11 modalidades: teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos

Santiago, 21 de maio de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de convocar o programa “Xuventude Crea” para este ano 2012. Este certame inclúe a posibilidade de concursar ata en 11 modalidades artísticas diferentes. A iniciativa vai dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que sexan non profesionais. Os interesados poderán tomar parte nas distintas especialidades: teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos. Os gañadores percibirán 3.000 euros para os que queden en primeiro lugar; 1.500 euros para os de segundo lugar e 1.000 euros para os terceiros. Ademais, os gañadores das categorías de teatro, música e monólogos –a parte de recibir o premio en metálico- poderán desenvolver as súas propias actuacións. En concreto, os que obteñan o primeiro lugar en cada unha destas categorías poderán levar a cabo dúas actuacións; mentres que os que ocupan o segundo e terceiro lugar obterán unha actuación. Ademais, tamén se poderán entregar mencións de honra nas distintas modalidades a aquelas obras que segundo o xuízo da comisión de selección acaden a suficiente calidade. Estas mencións carecerán de dotación económica. Os interesados en tomar parte neste programa poderán presentar as súas obras ata o próximo 13 de xullo. Salvo o caso de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual. Cabe lembrar que a obra dos gañadores pasarán a forma parte do circuíto da creatividade, posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co fin de dar a coñecer as obras dos gañadores a través da exposición pública dos seus traballos.

BENESTAR INTEGRA O NOVO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE CANGAS NA SÚA REDE GALEGA DE SERVIZOS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL Leer Más…

CONFERENCI​A DE CHARLES GUSTAFSON SOBRE AS CONSECUENC​IAS FISCAIS DA INTERNACIO​NALIZACIÓN EMPRESARIA​L

A Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, organiza un relatorio sobre “As consecuencias fiscais da internacionalización empresarial” que correrá por conta do profesor Charles Gustafson, catedrático de Dereito Tributario da Universidade de Georgetown, Washington. A conferencia desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública o próximo 28 de maio, durante un acto que comezará a partir das 17 horas e que irá seguido dun coloquio. O profesor Gustafson é catedrático da prestixiosa Universidade de Georgetown (Washington) e un dos máis nomeados expertos en fiscalidade dos negocios internacionais. Asesor da Administración Fiscal norteamericana e autor de varios dos libros de referencia no estudo do tratamento fiscal das empresas internacionais. Esta conferencia constitúe unha oportunidade irrepetible para poder coñecer a súa opinión sobre a fiscalidade das empresas galegas que desexen emprender o reto da internacionalización  http://xornadas.igape.es/

A Comisión de Festas de San Liborio 2012 (Soutelo, Salceda de Caselas)

 Día 27 de maio as 13:30 horas

MENÚ:

Callos

Paella

Xelado

Sidra

 

Prezo 12 €

(nenos menores de 8 anos 6 €)

INSCRIPCIÓNS:

– Centro Cultural de Soutelo

– Bar 59

– Churrasquería Nito

– Calquera membro da Comisión:

635 080 934 / 639 118 878 / 699 394 646

!Último día de inscrición o 24 de maio!

ORGANIZA: Comisión de Festas San Liborio 2012

Un alumno de A Guarda (Pontevedr​a) cursará dos años de bachillera​to en el Colegio del Mundo Unido de Montezuma (Nuevo México, EE.UU.) con una beca de la Fundación Barrié

Iago Patiño López, natural de A Guarda(Pontevedra) y alumno de 4º de la ESO del Instituto de Educación SecundariaA Sangriña, estudiará los dos próximos cursos (2012-2014) el BachilleratoInternacional en el colegio de Montezuma (Nuevo Mexico, Estados Unidos)gracias a la beca Colegios del Mundo Unido de la Fundación Barrié.
La Fundación Barrié otorga anualmentedesde 1993 esta ayuda, que está destinada a alumnos gallegos de 4º de ESOo 1º de Bachillerato con buen expediente académico que deseen estudiaren estos centros internacionales. Actualmente, otros dos jóvenes gallegos,Brais Lamela y Antón Baleato, disfrutan de una beca de este tipo en elColegio del Adriático (Italia) y en el Pearson College del Pacífico, enVancouver (Canadá).http://www.educabarrie.org/proyectos/compartiendo-experiencias-jovenes-becarios-de-la-fundacion-barrie?sw=all