Bienestar Social de Galicia

BENESTAR CONVOCA O CERTAME “XUVENTUDE CREA” NO QUE SE PREMIARÁN ATA 11 MODALIDADES ARTÍSTICAS DIFERENTES

  • Esta iniciativa, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está destinada a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que sexan non profesionais
  • Os participantes poderán optar a 11 modalidades: teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos

Santiago, 21 de maio de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de convocar o programa “Xuventude Crea” para este ano 2012. Este certame inclúe a posibilidade de concursar ata en 11 modalidades artísticas diferentes. A iniciativa vai dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que sexan non profesionais. Os interesados poderán tomar parte nas distintas especialidades: teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos. Os gañadores percibirán 3.000 euros para os que queden en primeiro lugar; 1.500 euros para os de segundo lugar e 1.000 euros para os terceiros. Ademais, os gañadores das categorías de teatro, música e monólogos –a parte de recibir o premio en metálico- poderán desenvolver as súas propias actuacións. En concreto, os que obteñan o primeiro lugar en cada unha destas categorías poderán levar a cabo dúas actuacións; mentres que os que ocupan o segundo e terceiro lugar obterán unha actuación. Ademais, tamén se poderán entregar mencións de honra nas distintas modalidades a aquelas obras que segundo o xuízo da comisión de selección acaden a suficiente calidade. Estas mencións carecerán de dotación económica. Os interesados en tomar parte neste programa poderán presentar as súas obras ata o próximo 13 de xullo. Salvo o caso de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual. Cabe lembrar que a obra dos gañadores pasarán a forma parte do circuíto da creatividade, posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co fin de dar a coñecer as obras dos gañadores a través da exposición pública dos seus traballos.

BENESTAR INTEGRA O NOVO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE CANGAS NA SÚA REDE GALEGA DE SERVIZOS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para incluír as novas instalacións na rede da Xunta
  • O departamento autonómico apoiará as actuacións de promoción da autonomía persoal e porá a disposición da Administración local o equipamento do antigo centro sociocomunitario para o novo inmoble
  • Pola súa banda, o Concello asume a titularidade das instalacións que contan con 1.200 metros cadrados
  • Mato lembrou que a Xunta está a executar o Plan Galego de Persoas Maiores 2010-2013, que contempla 69 medidas das que xa executaron preto do 70 por cento

 Cangas (Pontevedra), 21 de maio de 2012.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, veñen hoxe de asinar un convenio de colaboración para integrar o novo centro sociocomunitario de Cangas na rede galega de servizos de promoción da autonomía persoal.-A titular do departamento autonómico realizou hoxe unha visita institucional ao concello pontevedrés, onde se desprazou ata as novas instalacións, que supoñen un servizo esencial para a promoción da autonomía persoal e onde se promoven a convivencia e a socialización das persoas maiores. En virtude do convenio asinado hoxe, o departamento autonómico integra a infraestrutura na rede galega de centros sociocomunitarios para a realización de actividades e obradoiros, ao tempo que apoia ao Concello na posta en marcha de actuacións dirixidas á promoción da autonomía persoal e o envellecemento activo. Así mesmo, a Consellería de Traballo e Benestar pon a disposición da Administración local o equipamento do antigo centro sociocomunitario e financiará os gastos da contratación do servizo de limpeza do inmoble. Pola súa banda, o Concello de Cangas asume a titularidade do centro, un local que conta con 1.200 metros cadrados. Mato destacou que esta iniciativa amosa “a cooperación efectiva e unha acción coordinada e responsable” entre Xunta e Concello co obxecto de blindar os servizos sociais. Ademais, apuntou que a procura do máximo benestar e a mellora da calidade de vida dos maiores galegos e galegas é “un obxectivo prioritario” para o Goberno galego. Así, lembrou que a Xunta está a executar o Plan Galego das Persoas Maiores 2010-2013, que contempla 69 medidas das que en 2011 se executaron preto do 70 por cento e contaron con preto de 100.000 beneficiarios.   Ademais, resaltou que o departamento autonómico puxo a disposición dos galegos e galegas máis de 2.700 prazas en residencias, centros de día e alzheimer nesta lexislatura. “En total incrementamos nun 40 por cento as prazas que habían en 2009, só en centros de día o aumento é superior ao 80 por cento”, concluíu.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: