Noticias Ayuntamiento de Vigo. 21-05-2012


O Concello investirá o curso que vén 2.125.000 euros en máis de 5.000 bolsas de ensino

O alcalde de Vigo, Abel Cabellero, destacou hoxe luns o “relevante” esforzo que está a facer o Concello na política de bolsas de ensino. O curso que vén o Goberno municipal outorgará 5.281 bolsas por un valor de 2.125.000 euros.

 


Caballero celebra que Vigo acolla o laboratorio europeo de referencia de biotoxinas mariñas

O alcalde acudiu hoxe luns ao CITEXVI, o Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade de Vigo, onde celebrouse o acto de inauguración das novas instalacións do laboratorio europeo de referencia de biotoxinas mariñas, un centro de “altísimo nivel” que marca desde Vigo os procedementos de detección das biotoxinas para Europa.

 


Abel Caballero felicita ás ximnastas do Club Maniotas, que participarán no Campionato do Mundo

O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión coas responsables e as ximnastas deste club, condecorado o pasado ano como Vigués Distinguido, e que acudirá a Cartaxena onde celebrarase o Mundial de Ximnasia Estética, entre o 25 e o 27 de maio. A entidade ven participando nos campionatos mundiais da especialidade ininterrompidamente desde 2005.

 


O Concello colaborará coa Comunidade Salesiana nos actos pola chegada da reliquia de Don Bosco

O Director da Comunidade Salesiana de “María Auxiliadora”, Aureliano Laguna, solicitou este luns do alcalde do Concello de Vigo a cooperación da administración local no acto de chegada a Vigo dunha reliquia de Don Bosco, o fundador da comunidade salesiana, no que participarán máis de mil persoas, entre actuais e antigos alumnos.

 


Nova charla do ciclo “Historia das mulleres en Galicia”

Ofelia Rey Castelao, catedrática na Universidade de Santiago de Compostela, será a relatora da charla sobre a Idade Moderna do ciclo “Historia das Mulleres en Galicia” que programa a concellería de Igualdade. A charla será o martes 22 de maio ás 19 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.

 

Normalización Lingüística organiza actividades de dinamización para persoas adultas

O servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza para os próximos días actividades de dinamización para persoas adultas sobre comunicarse en público e un obradoiro de escrita creativa.

 

Bando sobre requisitos para a concesión de autorización para disparo o queima de material pirotécnico

Por medio do presente Bando, ponse en coñecemento dos interesados en realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de 50 kg. no termo municipal de Vigo, en especial as comisións de festas e empresas pirotécnicas , os requisitos necesarios para obter a preceptiva autorización municipal.

 

Pechada ao tráfico a rúa Enrique Lorenzo

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a realizar pola empresa AQUALIA, estará pechada ao tráfico (por treitos) a rúa Enrique Lorenzo, treito 1 (entre Santa Tegra e Purificación Saavedra), dende o xoves 24 de maio de 2012 ás 10:00 horas, con acceso exclusivo para garaxes, e por un período aproximado de tres meses.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: