NOVACAIXAG​ALICIA HOMENAXEA AOS GRANDES BAILARÍNS DO SÉCULO xx

21.05.2012. O Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo presentará o xoves 31 de maio ás 20:30 h o espectáculo titulado Los virtuosos, un acto de sentida homenaxe a todos aqueles bailaríns e bailarinas que, coa súa arte, mudaron os ritmos clásicos ou ben supuxeron un punto de inflexión na arte da danza.

Os grandes mestres que forman parte xa do paradigma da danza e en cuxa honra se ideou este espectáculo son Vaslav Nijinsky, Alicia Alonso, Mikhail Baryshnikov, Isadora Duncan, Margot Fonteyn, Maya Plisetskaya, Martha Graham, Rudolf Nureyev, Merce Cunningham, Pina Bausch, Vladimir Vasiliev e Anna Pavlova. Moitas das obras que se representarán nesta gala tributo a estas figuras sobranceiras formaron parte do repertorio destes grandes intérpretes, constituíndo, en ocasións, momentos inesquecibles que marcaron un fito na historia da súa posta en escena. Tal foi o caso de Baryshnikov e mais de Vasiliev na interpretación de O corsario e mais Don Quixote, respectivamente, ou ben a de Nijinski en O espectro da rosa. Xunto a estas xoias do ballet clásico, o público poderá gozar tamén de tres pezas de danza contemporánea creadas especialmente para esta gala pola coreógrafa e intérprete Lara Guidetti. Por suposto, non se deixa de lado a impresionante superación das formas tradicionais que elevou á categoría de arte Isadora Duncan a comezos do século xx.As entradas para este espectáculo están á venda en www.servinova.es ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: