Archive | mayo 22, 2012

SECRETARIA XERAL PARA O TURISMO DE HOXE EN VIGO: INAUGURACI​ÓN DO CURSO DA EOI EXCELENCIA NA XESSTIÓN TURÍSTICA

  A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo e a directora executiva de Programas Estratéxicos, Medio Ambiente, Enerxía e Turismo da Escola de Organización Industrial, Mónica López Gómez inauguraron o curso da EOIExcelencia na Xestión Turística. No acto estiveron presentes tamén a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e o presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra, José Manuel Magaz.No Centro de Formación de Hostelería da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra, FEPROHOS (rúa Couto, nº 2. edificio do Colexio Aloia, baixo andar).

O BNG critica a falta de compromiso do goberno co Día das Letras e a paralización do Servizo de Normalización Lingüística

  Vigo, 22 de maio de 2012.- A concelleira nacionalista, Iolanda Veloso, expresou este martes a preocupación do BNG pola actitude do goberno local sobre a promoción da lingua galega, “tal e como comprobamos coas actividades organizadas arredor do Día das Letras, que foron máis ben escasas e remataron en insultos”. Ademais, Iolanda Veloso criticou a paralización do Servizo de Normalización Lingüística municipal, polo que presentará unha pregunta no vindeiro pleno da Corporación para que o goberno detalle os orzamentos destinados ás actividades específicas co gallo do Día das Letras Galegas e o da Feira de Abril. Leer Más…

IGAPE

CONFERENCIA DE CHARLES GUSTAFSON SOBRE AS CONSECUENCIAS FISCAIS DA INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

A Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, organiza un relatorio sobre “As consecuencias fiscais da internacionalización empresarial” que correrá por conta do profesor Charles Gustafson, catedrático de Dereito Tributario da Universidade de Georgetown, Washington.

A conferencia desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública o próximo 28 de maio, durante un acto que comezará a partir das 17 horas e que irá seguido dun coloquio.

O profesor Gustafson é catedrático da prestixiosa Universidade de Georgetown (Washington) e un dos máis nomeados expertos en fiscalidade dos negocios internacionais. Asesor da Administración Fiscal norteamericana e autor de varios dos libros de referencia no estudo do tratamento fiscal das empresas internacionais. Esta conferencia constitúe unha oportunidade irrepetible para poder coñecer a súa opinión sobre a fiscalidade das empresas galegas que desexen emprender o reto da internacionalización.

OBRADOIRO DE INTERNACIONALIZACIÓN MBO GALICIA – USA Leer Más…

Curso de ofimática Salcedas de Caselas coa formación.

A Concellería de Emprego e Formación segue apostando pola formación e dentro do Plan de Formación do 2012 o próximo 4 de xuño comenzará no Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón, o curso “Ofimática Xeral Nivel Avanzado”.

Esta acción formativa vai dirixida a autónomos e desempregados, consta de 15 prazas e a inscrición debe realizarse no Rexistro do Concello ata o próximo martes 29 de maio. No caso dos autónomos ademáis da solicitude de participación que lle entregarán no rexistro deberán achegar fotocopia do DNI e último recibo de autónomo; para os desempregados a documentación a aportar será fotocopia do DNI, tarxeta de desemprego actualizada e tarxeta da Seguridade Social.

O curso realizarase de luns a xoves entre o 4 e o 28 de xuño, en horario de 20:30 a 22:30 horas

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área añadiu que dende o seu departamento estase a traballar nun Plan de Formación propio, no cal está enmarcado este curso e quere suliñar que toda a información relativa a ofertas de traballo e formación dáselle publicidade periodicamente nos taboleiros e na páxina web do Concello, “Preténdese que a páxina web do Concello sexa unha ferramenta básica para a consulta das ofertas de traballo e formación”.

MUESTRA SOBRE ARQUEOLOXÍ​A EN NOVACAIXAG​ALICIA

 

O Centro Social Novacaixagalicia de Vigo acollerá, a partir de mañá, mércores 23 de maio, a exposición «De Uruk a Asiria: Arqueoloxía e Historia Antiga no berce da civilización», que coorganiza coa Universidade da Coruña. A mostra recolle reproducións de táboas cuneiformes, publicacións sobre o proxecto e as fotografías do seu fotógrafo oficial, Eloy Taboada. A exposición complétase cun audiovisual das escavacións. Permanecerá aberta ata o 22 de xullo

Empleados de Emalcsa, renuncian a la comida de empresa en favor de los más necesitados.

Socios de la Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia, y empleados de Emalcsa, que prefieren mantenerse en el anonimato, han comunicado a la empresa su decisión firme, en renunciar a la comida anual en favor de los más desfavorecidos de  la ciudad herculina. Leer Más…

TELEFÓNICA PRESENTA EN VIGO SU PROYECTO PIONERO DE RECARGA MULTIMEDIA DEL COCHE ELÉCTRICO

 La iniciativa permite descargar contenidos multimedia por el cable de carga de las baterías del vehículo mientras éste se recarga.

 • El proyecto incluye otras facilidades como el acceso al parking por NFC, el pago de los contenidos y de la recarga desde el móvil o la reserva de plaza también con el móvil. Leer Más…

Concello de Vigo 22-05-12


O alcalde reclama o tax lease para que o naval recupere a súa competitividade internacional

Durante a inauguración de Navalia 2012, Abel Caballero ofreceu á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a colaboración do Concello de Vigo na resolución deste sistema de bonificacións para que os astaleiros galegos y vigueses retomen o seu espazo internacional en base ao seu traballo e bo facer.

 


O Concello promociona Vigo en Londres ante prescriptores e medios especializados

O alcalde, Abel Caballero, viaxa no mediodía deste martes a Londres para participar mañá mércores nunha reunión de promoción da cidade como destino turístico de calidade na capital británica. Complementando esta actividade, Caballero adiantou que periodistas especializados visitarán Vigo o próximo venres para coñecer a cidade de cerca.

 


Vigo acolle unha reunión do proxecto europeo Mobi para facilitar a implantación do coche eléctrico

O alcalde, Abel Caballero, asistiu este martes ao encontro que reúne a uns 40 profesionais de 12 institucións participantes que pertencen a 5 países europeos distintos, unha reunión prevista dentro do proxecto Mobi -cunha achega europea de 5 millóns de euros- que procura pór en común e adoptar medidas que faciliten a implantación e uso do vehículo eléctrico.

 


O Concello porá oito autobuses para que os afeccionados apoien ao Real Club Celta en Tarragona

O alcalde, Abel Caballero, garantiu este martes á Federación de Peñas do Real Club Celta oito autocares para desprazar a uns 300 afeccionados a Tarragona, un encontro que afrontará o próximo domingo o equipo vigués ante o Nástic de Tarragona vital para o obxectivo do ascenso á máxima categoría. O goberno local respalda esta proposta pois “para a cidade sería unha magnífica nova” o ascenso do Celta.

 


Presentación da película documental “16ª Bienal de Cerveira”

Este mércores 23 de maio, ás 19,00 horas, terá lugar na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) a presentación da película documental de 50 minutos “16ª Bienal de Cerveira”, a cargo da Fundación Bienal de Cerveira e coa colaboración do Concello de Vigo.

 

Bando sobre suspensión da expedición de permisos de queimas

Co inicio da campaña de verán , época de máximo perigo de lumes, faise necesario extremar as medidas de prevención destes. Durante este período, que vai do 1 de xuño ata o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo, dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo.

BRAVO BOSCH COÑECEU HOXE O IMPORTANTE TRABALLO QUE DESENROLA EN VIGO A AXENCIA EUROPEA DE CONTROL DA PESCA

  •  A delegada territorial da Xunta en Vigo mantivo esta mañá unha primeira reunión institucional co director executivo da Axencia, Pascal Savouret, para tratar diversos asuntos que lle afectan a ambas institucións.

Vigo, 22 de maio de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá unha primeira visita institucional á Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA), onde mantivo un encontro co seu director executivo, Pascal Savouret, para tratar diversos asuntos que lle afectan a ambas institucións.

Acompañada polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural e Mar, Gerardo Zugasti, a delegada resaltou a importancia que ten a instauración da sede da Axencia Europea do Control da Pesca en Vigo o que, en verbas de Bravo Bosch, recoñece a “referencia” que supón en materia pesqueira a cidade olívica.

A representante da Xunta na cidade coñeceu o traballo que desenrolan os eurofuncionarios na cidade e destacou a labor de control e inspección das pesquerías mediante a coordinación das correspondentes actividades que realizan a diario.

Bravo Bosch fixo especial fincapé na numerosa actividade de formación que tamén levan a cabo dende a Axencia Europea, explicando que, ao ano, pasan máis de 1.000 persoas polas instalacións que teñen no centro da cidade para mellorar a formación en control e vixiancia.

No transcurso do encontro, que se desenrolou nun clima de total cordialidade, tamén trataron o convenio que o Sergas ven de rubricar coa Comisión Europea o polo que se permite dar asistencia sanitaria aos funcionarios europeos que viven ou traballan na Comunidade Autónoma. Neste senso, Bravo Bosch explicou que o compromiso garante que os eurofuncionarios, fundamentalmente que traballan na Axencia de Control da Pesca, poden contar con cobertura en Atención Primara e Especializada coas mesmas características que os galegos; contando coa tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde na que se incluirá a identificación UE que acredita o seu dereito á asistencia. Especificou que a asistencia sanitaria destes traballadores será sufragada pola UE de acordo ás tarifas oficiais do Sergas.

Por último, entre outros asuntos, tamén trataron a educación e escolarización dos fillos dos eurofuncionarios explicando que hoxe é posible cursar Bacharelato Internacional no IES do Castro ademais de poder cursar educación bilingüe dende prescolar en centros educativos coma O Castro International School, primeiro centro estranxeiro que se establece en Galicia.