O BNG critica a falta de compromiso do goberno co Día das Letras e a paralización do Servizo de Normalización Lingüística

  Vigo, 22 de maio de 2012.- A concelleira nacionalista, Iolanda Veloso, expresou este martes a preocupación do BNG pola actitude do goberno local sobre a promoción da lingua galega, “tal e como comprobamos coas actividades organizadas arredor do Día das Letras, que foron máis ben escasas e remataron en insultos”. Ademais, Iolanda Veloso criticou a paralización do Servizo de Normalización Lingüística municipal, polo que presentará unha pregunta no vindeiro pleno da Corporación para que o goberno detalle os orzamentos destinados ás actividades específicas co gallo do Día das Letras Galegas e o da Feira de Abril.

Iolanda Veloso calificou de “moi preocupante” que a celebración do Día das Letras Galegas, “na que se plasmou a liorta entre dúas forzas políticas”, comentou, rematase con insultos. “É certo que hai problemas entre as administracións, e de feito a Xunta non nos convidou ao acto que organizou no IES Valentín Paz Andrade, pero tamén é certo que Feijóo tivo medo a estar na rúa por medo ás protestas”, sinalou. A respecto dos actos organizadas co gallo do Día das Letras Galegas, a  concelleira do BNG explicou que na lexislatura anterior todas as concellerías participaban nas actividades desenvolvidas, “mentres este ano non foi así”, destacou. Entre as iniciativas que o goberno local podería ter desenvolvido mencionou que a Concellería de Deportes podería ter decidido que os speaker dos eventos deportivos falaran en galego.

Pola contra, Iolanda Veloso indicou que “o único que poidemos escoitar foron cuñas na radio nas que se nos dicía que chamando ao 010 se nos explicarían as actividades de Normalización Lingüística, que realmente son as habituais deste servizo”. Preguntada por que actividades se deixaron de desenvolver nesta data, a concelleira do BNG asegurou que “son unha chea de cousas as que non se están facendo”, como a Romaría das Letras, mesas redondas, conferencias, actividades infantís, correccións de textos, traballo a prol da integración das persoas inmigrantes, coordinación cos departamentos de Normalización Lingüística dos centros educativos ou non convocando organismos consultivos como o Consello Social da Lingua, do que forman parte múltiples entidades da cidade para dar ideas sobre a promoción da lingua e a cultura galegas. Neste sentido, explicou que precisamente o primeiro Consello Social da Lingua convocado na presente lexislatura foi o 19 de abril, “case un ano despois do inicio do mandato”, apuntou. Iolanda Veloso indicou que nesa xuntanza o concelleiro de Normalización Lingüística non informou das actividades do 17 de maio, “porque non había nada preparado e non se recolleron suxestións”.

Afondando nesta paralización do Servizo de Normalización Lingüística municipal, a concelleira nacionalista destacou que o Concello de  Vigo recibíu unha subvención de 8.400 euros para o mantemento dese servizo o pasado 4 de abril, “que permitiría contratar a unha persoa durante catro meses”, apuntou. Porén, denunciou que “dende que se publicou a subvención neste servizo non se contratou a ninguén, e nun momento no que se fala de crear emprego é tremendo que concedan ao Concello 8.400 euros e non se utilicen”. Lembrou que mentres na lexislatura pasada o SNL contaba con 4 persoas, na actual só conta con 2.

“Fronte a esta situación de parálise do SNL temos o compromiso efectivo do alcalde e o Concello de Vigo coa Feira de Abril, que se celebrou entre o 16 e o 20 de maio”, sinalou Iolanda Veloso. A concelleira subliñou que “non temos nada en contra desta celebración, dirixida ás persoas de orixe andaluz que viven na nosa cidade, pero si parece que sendo a Feira de Abril está fóra do tempo a súa celebración en maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, nunha carpa de 1.000 metros cadrados e con actividades de todo tipo”. Iolanda Veloso lamentou a escasa implicación do Concello de Vigo na organizacións de actividades polo Día das Letras mentres que se ofertaron servizos exclusivos turistas dos cruceiros o propio 17 de maio, “que sería unha boa oportunidade para que coñeceran que temos lingua e cultura propias”, apuntou.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: