Archive | mayo 25, 2012

Concello de Vigo -25-05-12

O Concello inicia a ordenación dunha área industrial e comercial na Avenida de Madrid

O alcalde de Vigo avanzou hoxe venres que a área de Raviso, na Avenida de Madrid, se convertirá nunha área industrial e comercial, un proxecto que estará rematado para aprobación inicial antes de que remate o ano.

 


Caballero amosa a súa “satisfacción” polos avances do sector naval

O alcalde de Vigo trasladou esta mañá a “súa satisfacción” polos avances do sector naval porque “é moi boa noticia” para a cidade e para Galicia. Ademáis, reiterou ao seu apoio á proposta de tax lease que os gobernos Central e Autonómico enviarán a Burxelas.

 


Caballero salienta que Vigo recibe cada tres días unha media de 2.500 turistas británicos

O alcalde recibiu hoxe xoves a unha delegación de xornalistas británicos especializados, de visita na cidade para coñecer de primeira man a experiencia turística que ofrece Vigo. Apuntou Caballero que a afluencia de británicos a Vigo “impacta”, xunto a boa relación calidade prezo que ofrece a cidade en materia hoteleira ou gastronómica.

 


O Concello instalará no auditorio de Castrelos unha pantalla xigante para seguir o Celta-Nástic

Abel Caballero avanzou este venres que o goberno local ampliará ata 15 os autocares que sufragará para desprazar aos afeccionados ata Tarragona o domingo, onde o club vigués pode materializar o seu ascenso á Primeira División. En Vigo, o alcalde confirmou a instalación dunha pantalla no auditorio do parque de Castrelos, onde agárdase unha “gran afluencia” de público.

 


O Concello e RNE organizan un acto poético musical de homenaxe a Valentín Paz Andrade

O alcalde, Abel Caballero, a directora territorial de RNE en Galicia, Celia Díaz, e o actor e director do espectáculo, Lino Braxe, presentaron este venres o evento poético musical, que terá lugar o próximo 31 de maio no Auditorio Municipal do Concello e que contará coa presenza de familiares do homenaxeado. Concello e RNE editarán ademais material inédito de Valentín Paz Andrade.

 


O alcalde presenta o Rally Rías Baixas-Ciudad de Vigo que inclúe un circuito urbano polo Castro


A Concello de Vigo aposta por implicar á cidadanía no rally Cidade de Vigo polo que por primeira vez incluirá un tramo urbano nun circuito no monte do Castro. A proba, puntuable para o campionato de España, percorrerá á cidade os próximos 1 e 2 de xuño.

 


Programa de Verán 2012 da Concellería de Xuventude

Actividades cara o verán destinadas a nen@s e moz@s empadroados no municipio de Vigo, dende os 4 e ata os 35 anos. Segundo o tipo de actividade, o programa está dividido en tres bloques: Campamentos urbanos, actividades xuvenís e ludotecas.

 


Programa municipal de Escolas Deportivas 2012/2013

Ábrese o prazo para a presentación dos proxectos docentes do programa municipal de escolas deportivas para todas aquelas entidades deportivas que están a desenvolver dito programa durante o actual curso, nas modalidades existentes.Así mesmo, tamén poden presentar proxectos docentes, aquelas entidades deportivas que o desexen incorporarse o programa.

 

Lecer no verán para persoas con discapacidade

A Concellería de Politica de Benestar abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no
proxecto de lecer e respiro familiar de carácter non permanente, dirixido a persoas con discapacidade empadroadas no Concello de Vigo, que se realizará nos mese de xullo e agosto.

 


O goberno local cooperará coa Fundación Penzol nos actos do centenario de Del Riego

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este venres unha reunión cos responsables da Fundación Penzol, tras o que o primeiro edil municipal indicou que o Concello colaborará na preparación dos actos de conmemoración do nacemento de Francisco Fernández del Riego, efeméride que terá lugar o 7 de xaneiro do próximo ano.

 

Pleno da Corporación

 


Pechada ao tráfico a rúa PANAMA, treito entre as rúas Bolivia e Nicaragua

 


O Concello apoia o proxecto solidario da Policía Local “Discamino 2012”


O concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Carlos Font, presentou o apoio económico e institucional ao proxecto solidario da Policía Local “Discamino 2012” na Asociación de Veciños de O Calvario. Trátase dunha iniciativa solidaria para axudar a que persoas discapacitadas poidan vivir experiencias para as que precisan apoios.

16 mujeres de Mos se forman en una empresa de limpieza con el compromisos contratación del 50%

Esta acción se enmarca en el plan Insere 2.0, promovido por AEMOS, a través de la cual los candidatos reciben la formación que la empresa cree oportuna y a continuación realizan un período de prácticas en el que deberán demostrar sus competencias y actitudes en el puesto de trabajo para conseguir un contrato laboral

• Tanto los usuarios como el empresariado valoran muy positivamente esta iniciativa en la que una organización empresarial se involucra con ambas partes facilitando a las empresas el proceso de contratación y ofreciéndole al desempleado una buena oportunidad de ocupar un puesto de trabajo

A XUNTA LICITARÁ EN XUÑO AS OBRAS DA ZONA DE USOS RECREATIVO​S DA ETEA PARA POÑER A DISPOSICIÓ​N DOS VECIÑOS PRETO DE 8.000 M2 DESTINADOS A OCIO, DEPORTE E DISFRUTE DO LITORAL

  • O proxecto inclúe as dotacións solicitadas nas distintas reunións de traballo realizadas coas asociacións veciñais
  • O espazo disporá de pistas deportivas, patinaxe e de skate, un parque infantil, así como cafetería e vestiarios, ao tempo que se respectan as árbores valiosas
  •  Acondicionarase unha senda peonil no borde litoral que dará continuidade ao actual paseo que une Punta da Guía coa ETEA Leer Más…

OS ESPECTÁCUL​OS DE CIENCIA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA FAN A SÚA DERRADEIRA PARADA EN VIGO COA ASISTENCIA DE 450 ESCOLARES AO TALLER “MAXIA QUÍMICA”

Os alumnos e alumnas comprobaron abraiados como se pode fritir un ovo sen calor, dobrar culleres co poder da mente, converter a auga en viño e conxelar líquidos cun toque de variña máxica
Os catro espectáculos de ciencia da Consellería, que chegan ao seu fin este mes, chegarán a máis de 8000 alumnos e alumnas de toda Galicia
A Consellería de Economía e Industria organiza estas actividades, en colaboración coa Fundación Barrié, para conmemorar o 20 aniversario de Tecnópole

A DEPUTACIÓN DOTARÁ DE PASOS DE PEÓNS ELEVADOS E REDUTORES DE VELOCIDADE A 24 ESTRADAS PROVINCIAIS

Os traballos contarán cun orzamento de 161.000 euros

A Deputación Provincial de Pontevedra instalará lombos e pasos de peóns elevados en 24 estradas provinciais co obxecto de mellorar a seguridade viaria nas estradas provinciais, así o indicou o vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, onde incidiu en que garantir a seguridade nas estradas de titularidade provincial é “un obxectivo fundamental”. Leer Más…

Concerto de Clausura de Temporada 2011-2012 – Estrea Absoluta do concerto para Clarinete de García Picos

O vindeiro mércores 30 de maio terá lugar o noso último concerto desta temporada coa que nos despediremos ata o vindeiro setembro. Quixemos pechar o ano por todo o alto para o que escollemos para a ocasión unha estrea absoluta do Concerto para Clarinete do maestro García Picos a cargo do clarinetista Asterio Leiva. O programa completarase coa Sinfonía nº9 Do Novo Mundo de Dvorak e a Impresión Noctura de Gaos. Coma sempre a orquestra estará dirixida pola nosa batuta principal, Alejandro Garrido. Os músicos da orquestra están convocados para comezar os deste interesante programa dende o sábado 26 

O Concerto coma todos os desta temporada no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Sen embargo cambiamos a hora para adaptarnos mellor ao horario estival. Así o concerto será ás 21h.

Ese día daremos a coñecer o avance da programación da temporada 2012-2013 e anunciaremos os nosos novos formatos de abono para aqueles usuarios interesados en asistir aos nosos concertos. Igualmente daremos información sobre a futura creación e as probas de acceso a formación xuvenil da nosa Xove Orquestra Vigo 430 para a que faremos probas de selección os vindeiros 1 e 2 de xuño e da que tamén enviamos información.

Novacaixag​alicia presenta a Real Filharmoní​a de Galicia baixo a dirección de Paul Daniel en Vigo

A cidade de Vigo poderá gozar o venres 1 de xuño ás 20:30 h no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, dun novo recital da Real Filharmonía de Galicia, cuxo programa estará articulado por Canto en memoria de Benjamin Britten, de A. Pärt, Cleopatra, de H. Berlioz, e mais a Sinfonía nº 2  en re maior, op. 43, de J. Sibelius.

Nesta ocasión, a formación contará coa batuta de Paul Daniel, que ocupa o posto de director principal e conselleiro artístico na Orquestra Sinfónica West Australian.

BNG Vigo 25-05-12

O BNG rexeita a redución de postos de traballo no servizo de Correos e alerta do deterioro no reparto

 Santi Domínguez e Olaia F. Davila anuncian a presentación de iniciativas no Concello de Vigo e no Congreso do Deputados contra os recortes 

Vigo, 25 de maio de 2012.- O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, e a deputada no Parlamento estatal, Olaia Fernández Davila, manifestaron hoxe o rexeitamento do Bloque diante da redución do 25% da plantilla de Correos adscrita á Unidade de Reparto da Praza de Compostela a partir do 1 de xuño. Os nacionalistas defenderon que os servizos públicos, como é o postal, non se moden medir polos beneficios económicos, senón polos beneficios sociais que representan Leer Más…

POSICIÓN ACLUNAGA ACUERDO PEMEX

La Asociación Cluster del Naval de Galicia desea hacer público su agradecimiento y felicitación al ejecutivo gallego, por las gestiones que ha venido realizando en estos últimos años en  defensa de nuestro sector que ha sido uno de los más castigados por la crisis económica. Leer Más…

En venta muebles de oficina y hogar por traslado..precios económicos…..gran oportunidad!!!!!

     

     

     

     

    más información preguntar por Josefina a los siguientes teléfonos: Tel. 986 224 099
       696 118 091