A DEPUTACIÓN DOTARÁ DE PASOS DE PEÓNS ELEVADOS E REDUTORES DE VELOCIDADE A 24 ESTRADAS PROVINCIAIS

Os traballos contarán cun orzamento de 161.000 euros

A Deputación Provincial de Pontevedra instalará lombos e pasos de peóns elevados en 24 estradas provinciais co obxecto de mellorar a seguridade viaria nas estradas provinciais, así o indicou o vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, onde incidiu en que garantir a seguridade nas estradas de titularidade provincial é “un obxectivo fundamental”.

En total instalaranse 31 pasos de peóns elevados e 5 redutores de velocidade (os coñecidos como “lombos”) en diferentes estradas de toda a provincia. Os traballos contarán cun orzamento de 161.483 euros e consistirán na construción de pasos de peóns de 4 metros de longo e 8,5 metros de ancho, mentres que os lombos terán 1,2 metros de longo por 8,5 metros de ancho.

En ambos os dous casos, estes elementos de redución da velocidade e mellora da seguridade viaria levarán unha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente e rego de adherencia. Así mesmo, os traballos inclúen a correspondente sinalización horizontal e vertical.

En canto á sinalización vertical dos pasos de peóns constará de tres sinais con revestimento reflectante colocadas antes do paso de peóns (unha a un mínimo de 25 metros, outra a continuación desta e a terceira inmediatamente antes do paso de peóns). Os lombos estarán sinalizados cun sinal vertical colocado a un mínimo de 25 metros antes do lombo e en función do límite de velocidade establecido para a vía na que se sitúe.

Distribución dos pasos de peóns e lombos

Os pasos de peóns elevados distribuiranse do seguinte xeito: 3 en Pazos de Borbén, na estrada Pazos-Ponteareas; 1 en Soutomaior, na estrada Arcade-Amoedo; 3 en Ponteareas, dos cales 2 serán na estrada Ponteareas-Guillade e 1 en Ponteareas-Alxán; 2 na Cañiza, 1 na estrada A Cañiza-Mourentán e outro en A Cañiza-Pousa; 1 en Gondomar, na estrada Gondomar-Vilaza-Parada; outro na estrada Salceda-Picoña, en Salceda de Caselas, e 4 en Vigo, concretamente, 3 na estrada Beade-Carneiras  e un na estrada Coruxo-Canido.

Así mesmo, no Baixo Miño instalaranse 3, 2 no Rosal, na estrada Tabagón-Rosal-Portocelo e en Tabagón-Goián e 1 en Tui, no acceso a Malvas na estrada EP 3002.

No Salnés instalaranse 8 pasos de peóns elevados: 2 na estrada Sisán-Ponte Estacas, outros 2 en Ribadumia-A Grenla, 2 na estrada Lois-A Goulla e os dous restantes  na estrada Vichona-Dena (Sanxenxo).

No Morrazo construiranse 5 pasos de peóns elevados en Bueu (2 na estrada Alto Portela-Beluso e outros dous na EP Banda do Río- A Portela) e en Moaña (1 na estrada Moaña-Berducedo).

Pola súa banda, os lombos situaranse en tres estradas provinciais: 2 na estrada 2203 que une Baredo coa estrada Baiona-Loreza, en Baiona; un na Cañiza, na estrada que vai deste concello a Arbo; e outros 2 en Meaño, na estrada Xil-Cobas-Barrantes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: