A XUNTA LICITARÁ EN XUÑO AS OBRAS DA ZONA DE USOS RECREATIVO​S DA ETEA PARA POÑER A DISPOSICIÓ​N DOS VECIÑOS PRETO DE 8.000 M2 DESTINADOS A OCIO, DEPORTE E DISFRUTE DO LITORAL

  • O proxecto inclúe as dotacións solicitadas nas distintas reunións de traballo realizadas coas asociacións veciñais
  • O espazo disporá de pistas deportivas, patinaxe e de skate, un parque infantil, así como cafetería e vestiarios, ao tempo que se respectan as árbores valiosas
  •  Acondicionarase unha senda peonil no borde litoral que dará continuidade ao actual paseo que une Punta da Guía coa ETEA

Vigo, 24 de maio de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitará no vindeiro mes de xuño as obras da área de usos recreativos da ETEA, no Concello de Vigo, que suporá humanizar e poñer a disposición da cidadanía preto de 8.000 metros cadrados da superficie máis próxima á franxa litoral, cun investimento de 840.000 euros.  Así llo trasladou esta tarde o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, aos veciños de de Teis durante a presentación do proxecto, acto no que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.

Hernández adiantou que as obras licitaranse no vindeiro mes de xuño para cumprir o compromiso de inicialas dentro deste mesmo ano e finalizalas no primeiro semestre do ano 2013. Deste xeito a Xunta satisface ás reivindicacións veciñais, entregando ao barrio e a todos os cidadáns de Vigo este espazo privilexiado e introducindo no proxecto as dotacións solicitadas nas distintas reunións de traballo realizadas coas asociacións veciñais, xa que os veciños van ser os futuros usuarios.

Lembrou que a Consellería sempre mantivo unha liña constante de diálogo, polo que as aportacións veciñais  foron tidas en conta e incorporadas ao plan sectorial co fin de combinar os usos de lecer cos universitarios e científicos, ao tempo que se dota o barrio de equipamentos.

No caso concreto do ámbito que abarcarán os usos recreativos (PS-5) manteranse os usos relacionados coa potenciación do uso público do litoral e a apertura da praia do Areal da Punta á cidadanía.

Trátase dunha superficie de 7.625 m² nos que se definirán pistas deportivas, patinaxe e de skate, un parque infantil, así como zonas para paseos, cafetería e vestiarios, ao tempo que se respectan as árbores valiosas e potenciando a amplitude e o aproveitamento da zona. Tamén acondicionarase unha senda peonil no borde litoral que dará continuidade ao actual paseo que une Punta da Guía coa ETEA.

Teis presenta un claro déficit de infraestruturas deportivas, de lecer e esparexemento a pesar de ser un barrio de alta densidade de poboación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: