BNG Vigo 25-05-12

O BNG rexeita a redución de postos de traballo no servizo de Correos e alerta do deterioro no reparto

 Santi Domínguez e Olaia F. Davila anuncian a presentación de iniciativas no Concello de Vigo e no Congreso do Deputados contra os recortes 

Vigo, 25 de maio de 2012.- O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, e a deputada no Parlamento estatal, Olaia Fernández Davila, manifestaron hoxe o rexeitamento do Bloque diante da redución do 25% da plantilla de Correos adscrita á Unidade de Reparto da Praza de Compostela a partir do 1 de xuño. Os nacionalistas defenderon que os servizos públicos, como é o postal, non se moden medir polos beneficios económicos, senón polos beneficios sociais que representan

Santi Domínguez critica o retraso da Xunta para dinamizar os terreos da ETEA e rechazo o uso lucrativo

Vigo, 25 de maio de 2012.- O portavoz municipal nacionalista en Vigo, Santi Domínguez, en resposta aos medios, valorou a xuntanza que onte mantivo o conselleiro de Infraestruturas coa veciñanza de Teis para expoñer os plan da Xunta sobre a ETEA. “Todo o que sexa informar aos veciños e veciñas paréceme ben, pero hai outras cousas que non me gustan absolutamente nada, como xa temos expresado dende o BNG”, subliñou.

Santi Domínguez criticou, por un lado, o “retraso e despreocupación” do goberno galego para poñer en marcha a dinamización dos terreos da ETEA, fundamentalmente para impulsar o Campus do Mar. “Pensamos que esta actuación tiña que ser prioritaria para o goberno unha vez que a Universidade de Vigo acadou o Campus de Excelencia”, subliñou.

O nacionalista asegurou tamén que o BNG rexeita “que haxa uso lucrativo e residencial” nos mesmos. Ao seu xuízo, os terreos teñen que repercutir no uso e difrute de toda a cidadanía. “Precisamente foi o BNG quen impulsou o diálogo co Ministerio de Defensa para recuperar os terreos”, lembrou

Olaia Fernádez expresa a “moderada satisfacción” do BNG diante dos avances no sector naval

Vigo, 25 de maio de 2012.- A deputada do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, manifestou este venres a “moderada satisfacción” do Bloque diante da presentación da nova proposta de tax lease por parte do goberno central. Destacou que despois da xuntanza que a eurodeputada nacionalista Ana Miranda mantivo o pasado martes co responsable da Comisión da Competencia, Joaquín Almunia “as xestións a respecto deste asunto tan relevante para o naval galego parece que se aceleraron”

“Temos unha moderada satisfacción porque parece que as xestións do BNG comezan a dar seus froitos”, afirmou. Neste sentido, Olaia Fernández lembrou que o Bloque leva traballando “moito tempo” para acadar unha solución axeitada aos problemas do sector naval, presentando múltiples iniciativas nas diferentes administracións. “Tras a xuntanza de Ana Miranda e Joaquín Almunia para que se están dando pasos”, reiterou.

A deputada nacionalista asegurou que, de todos xeitos, non se pode deixar de sinalar que o goberno de Mariano Rajoy debería ter presentado esta proposta en Bruxelas “cando menos hai tres meses”. Ao respecto indicou que o PP goberna no Estado hai seis meses “porque cando chegou xa estaba moi dialogado coa Comisión de Competencia europea”.

Santi Domínguez critica o retraso da Xunta para dinamizar os terreos da ETEA e rechazo o uso lucrativo

 

    

Vigo, 25 de maio de 2012.- O portavoz municipal nacionalista en Vigo, Santi Domínguez, en resposta aos medios, valorou a xuntanza que onte mantivo o conselleiro de Infraestruturas coa veciñanza de Teis para expoñer os plan da Xunta sobre a ETEA. “Todo o que sexa informar aos veciños e veciñas paréceme ben, pero hai outras cousas que non me gustan absolutamente nada, como xa temos expresado dende o BNG”, subliñou.

 

Santi Domínguez criticou, por un lado, o “retraso e despreocupación” do goberno galego para poñer en marcha a dinamización dos terreos da ETEA, fundamentalmente para impulsar o Campus do Mar. “Pensamos que esta actuación tiña que ser prioritaria para o goberno unha vez que a Universidade de Vigo acadou o Campus de Excelencia”, subliñou.

O nacionalista asegurou tamén que o BNG rexeita “que haxa uso lucrativo e residencial” nos mesmos. Ao seu xuízo, os terreos teñen que repercutir no uso e difrute de toda a cidadanía. “Precisamente foi o BNG quen impulsou o diálogo co Ministerio de Defensa para recuperar os terreos”, lembrou

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: