Concello de Vigo -25-05-12

O Concello inicia a ordenación dunha área industrial e comercial na Avenida de Madrid

O alcalde de Vigo avanzou hoxe venres que a área de Raviso, na Avenida de Madrid, se convertirá nunha área industrial e comercial, un proxecto que estará rematado para aprobación inicial antes de que remate o ano.

 


Caballero amosa a súa “satisfacción” polos avances do sector naval

O alcalde de Vigo trasladou esta mañá a “súa satisfacción” polos avances do sector naval porque “é moi boa noticia” para a cidade e para Galicia. Ademáis, reiterou ao seu apoio á proposta de tax lease que os gobernos Central e Autonómico enviarán a Burxelas.

 


Caballero salienta que Vigo recibe cada tres días unha media de 2.500 turistas británicos

O alcalde recibiu hoxe xoves a unha delegación de xornalistas británicos especializados, de visita na cidade para coñecer de primeira man a experiencia turística que ofrece Vigo. Apuntou Caballero que a afluencia de británicos a Vigo “impacta”, xunto a boa relación calidade prezo que ofrece a cidade en materia hoteleira ou gastronómica.

 


O Concello instalará no auditorio de Castrelos unha pantalla xigante para seguir o Celta-Nástic

Abel Caballero avanzou este venres que o goberno local ampliará ata 15 os autocares que sufragará para desprazar aos afeccionados ata Tarragona o domingo, onde o club vigués pode materializar o seu ascenso á Primeira División. En Vigo, o alcalde confirmou a instalación dunha pantalla no auditorio do parque de Castrelos, onde agárdase unha “gran afluencia” de público.

 


O Concello e RNE organizan un acto poético musical de homenaxe a Valentín Paz Andrade

O alcalde, Abel Caballero, a directora territorial de RNE en Galicia, Celia Díaz, e o actor e director do espectáculo, Lino Braxe, presentaron este venres o evento poético musical, que terá lugar o próximo 31 de maio no Auditorio Municipal do Concello e que contará coa presenza de familiares do homenaxeado. Concello e RNE editarán ademais material inédito de Valentín Paz Andrade.

 


O alcalde presenta o Rally Rías Baixas-Ciudad de Vigo que inclúe un circuito urbano polo Castro


A Concello de Vigo aposta por implicar á cidadanía no rally Cidade de Vigo polo que por primeira vez incluirá un tramo urbano nun circuito no monte do Castro. A proba, puntuable para o campionato de España, percorrerá á cidade os próximos 1 e 2 de xuño.

 


Programa de Verán 2012 da Concellería de Xuventude

Actividades cara o verán destinadas a nen@s e moz@s empadroados no municipio de Vigo, dende os 4 e ata os 35 anos. Segundo o tipo de actividade, o programa está dividido en tres bloques: Campamentos urbanos, actividades xuvenís e ludotecas.

 


Programa municipal de Escolas Deportivas 2012/2013

Ábrese o prazo para a presentación dos proxectos docentes do programa municipal de escolas deportivas para todas aquelas entidades deportivas que están a desenvolver dito programa durante o actual curso, nas modalidades existentes.Así mesmo, tamén poden presentar proxectos docentes, aquelas entidades deportivas que o desexen incorporarse o programa.

 

Lecer no verán para persoas con discapacidade

A Concellería de Politica de Benestar abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no
proxecto de lecer e respiro familiar de carácter non permanente, dirixido a persoas con discapacidade empadroadas no Concello de Vigo, que se realizará nos mese de xullo e agosto.

 


O goberno local cooperará coa Fundación Penzol nos actos do centenario de Del Riego

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este venres unha reunión cos responsables da Fundación Penzol, tras o que o primeiro edil municipal indicou que o Concello colaborará na preparación dos actos de conmemoración do nacemento de Francisco Fernández del Riego, efeméride que terá lugar o 7 de xaneiro do próximo ano.

 

Pleno da Corporación

 


Pechada ao tráfico a rúa PANAMA, treito entre as rúas Bolivia e Nicaragua

 


O Concello apoia o proxecto solidario da Policía Local “Discamino 2012”


O concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Carlos Font, presentou o apoio económico e institucional ao proxecto solidario da Policía Local “Discamino 2012” na Asociación de Veciños de O Calvario. Trátase dunha iniciativa solidaria para axudar a que persoas discapacitadas poidan vivir experiencias para as que precisan apoios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “Concello de Vigo -25-05-12”

  1. trabajo en benidorm dice :

    Me gusta tu pagina web, lo he encontrado buscando por bing y la verdad es que me gusta, lo voy a poner en favoritos y ahora mismo lo mando a twenti!!.he puesto en mi pagina web un link a tu web. Mi blog tiene un PR de 5.saludetes!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: