Concerto de Clausura de Temporada 2011-2012 – Estrea Absoluta do concerto para Clarinete de García Picos

O vindeiro mércores 30 de maio terá lugar o noso último concerto desta temporada coa que nos despediremos ata o vindeiro setembro. Quixemos pechar o ano por todo o alto para o que escollemos para a ocasión unha estrea absoluta do Concerto para Clarinete do maestro García Picos a cargo do clarinetista Asterio Leiva. O programa completarase coa Sinfonía nº9 Do Novo Mundo de Dvorak e a Impresión Noctura de Gaos. Coma sempre a orquestra estará dirixida pola nosa batuta principal, Alejandro Garrido. Os músicos da orquestra están convocados para comezar os deste interesante programa dende o sábado 26 

O Concerto coma todos os desta temporada no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Sen embargo cambiamos a hora para adaptarnos mellor ao horario estival. Así o concerto será ás 21h.

Ese día daremos a coñecer o avance da programación da temporada 2012-2013 e anunciaremos os nosos novos formatos de abono para aqueles usuarios interesados en asistir aos nosos concertos. Igualmente daremos información sobre a futura creación e as probas de acceso a formación xuvenil da nosa Xove Orquestra Vigo 430 para a que faremos probas de selección os vindeiros 1 e 2 de xuño e da que tamén enviamos información.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: