FEIJÓO VE A ALIANZA ESTRATÉXIC​A CON PEMEX “UNHA DAS MELLORES NOTICIAS DE ECONOMÍA E EMPREGO DOS ÚLTIMOS TEMPOS” E CONCRETA QUE SUPORÁ MÁIS DE 2,6 MILLÓNS DE HORAS DE TRABALLO PARA O NAVAL

O responsable do Goberno galego e o director xeral de Pemex, Juan José Suárez Coppel, asinaron esta tarde o acordo de colaboración entre Petróleos Mexicanos e a Xunta de Galicia

 Salienta que a posibilidade de que o Porto Exterior de Punta Langosteira poda converterse en base loxística da petroleira permite revitalizar o papel de Galicia como referente portuario na fachada atlántica europea
Asegura que o convenio supón unha gran oportunidade para o futuro da nosa economía, “xa que directamente é emprego e inversión en Galicia, pero indirectamente é tamén unha mensaxe internacional de confianza en Galicia que nos abrirá portas”
Amósase convencido de que este convenio será tamén unha gran oportunidade para a petroleira, “que coñece e vai aproveitar o enorme potencial dos nosos sectores naval e portuario”
Resalta que Pemex, ao longo dos últimos meses, puido acreditar que Galicia acumula coñecemento histórico, enerxía e capacidades suficientes para cumprir as expectativas e conta cunha posición xeoestratéxica indubidable
Afirma que a outra razón que fixo posible materializar esta colaboración é a implicación política: a implicación da Xunta, “que foi permanente desde que iniciamos os primeiros contactos”; e a implicación dos Gobernos español e mexicano “que incluíron este asunto na axenda bilateral de ambas as dúas nacións”
“A firma deste convenio supón poder dicir a un sector que o está pasando mal como o naval, que ten presente e que ten futuro; e que Galicia camiña firme na internacionalización da súa economía e dá hoxe signos claros de que é un territorio apto e seguro para investir”, di

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: