BNG Vigo no pleno municipal

  O BNG insta ao alcalde a que aclare con Fomento e Industria os recortes de plantilla en Correo

Vigo, 28 de maio de 2012.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Santi Domínguez, instou ao alcalde da cidade a que aclare coa ministra de Fomento e o ministro de Industria os recortes de plantilla previstos no servizo de Correos. O nacionalista apuntou que está prevista unha redución do 25% na plantilla da unidade de reparto da Praza de Compostela a partir do 1 de xuño.

Santi Domínguez demandou que o alcalde faga “as xestións oportunas para que nos aclaren cal é a situación de Correos e que insista en que non se perda ningún posto de traballo”. En resposta a esta solicitude, o alcalde asegurou que o goberno local fará as xestións diante dos ministerios implicados en nome do BNG e o PSOE.

Día das Letras e Intermediación Familiar

Iolanda Veloso, pola súa banda, no apartado de preguntas, interpelou ao goberno sobre as actividades organizadas polo Concello de Vigo especificamente co gallo do 17 de maio, Día das Letras Galegas. Preguntou tamén polo orzamento adicado ao desenvolvemento destas actividades, así como ao adicado ás actividade celebrada nas mesmas datas, como foi a Feira de Abril.

A concelleira nacionalista inquiriu asemade polo programa de Intermediación Familiar, que se desenvolve dende a Concellería de Servizos Sociais. Explicou que o prego técnico está elaborado dende marzo de 2011 e visado pola Asesoría Xurídica, “pero non se da adxudicado e queremos saber por que”, demandou. Ao seu xuízo trátase dunha cuestión “moi urxente”, en tanto que inclúe actividades programadas para o mes de xullo.

Aprobada no pleno a moción do BNG que reclama á Xunta que non aplique o decreto do ensino

Vigo, 28 de maio de 2012.- O grupo municipal do BNG acadou o respaldo no pleno da corporación para aprobar a moción que insta á Xunta de Galiza a que se negue a aplicar as medidas contidas no R. D. -Lei 14/2012 publicado polo goberno do Estado en materia educativa. Na defensa da iniciativa, Iolanda Veloso destacou que o actual goberno galego ven aplicando sucesivos recortes no ensino público e reduciu en 425 millóns os orzamentos en relación a 2009, o que provocou a perda de máis de 2.000 docentes e a falta de dotación para facer fronte á atención á diversidade, ao reforzo educativo e ás necesidades educativas especiais.

A concelleira nacionalista criticou que os recortes propostos no decreto buscan “reducir o profesorado, incrementando o número de alumnado por aula, reagrupar o alumnado en diferentes niveis educatuvos nunha mesma aula e reducir a oferta educativa”. Neste sentido concretou que as medidas incrementan as ratios de alumnado, tanto en Infantil e Primaria, como Secundaria e Bacharelato, “volvendo á educación de hai trinta ou corenta anos”, apuntou.

Denunciou tamén que o decreto impide a substitución do profesorado de baixa, elimina o requisito de ofertar dúas modalidades de bacharelato, adía a implantación de ciclos de formación profesional e incrementa as taxas universitarias. Segundo Iolanda Veloso, con estes recortes “atácase gravemente o ensino público e a súa calidade, que aumentará o fracaso escolar e despedirá a máis de 2.000 docentes”.

En referencia á intervención do concelleiro popular Roberto Relova, quen achacou os problemas do ensino público ao bipartito, Iolanda Veloso reprochou que tres anos despois, o PP siga falando da herencia do goberno anterior. “Que tipo de goebrno temos na Xunta?”, preguntou. “Acaso a maneira de mellorar o sistema é recortar en educación?”, indicou. Segundo defendeu a concelleira do BNG “é unha auténtica vergonza oír determinadas cousas cando os pais e as nais chegamos aos colexios e vemos determinadas cousas”.

Ao respecto puxo de manifesto como ás nais e pais de nenos con necesidades educativas especiais se lles negan as axudas que precisan, cando o profesorado está de baixa non se substitúe, ou cando as coidadoras están de baixa se lles din que non leven aos nenos e nenas ao colexio. “Deixen de negar estes recortes porque os estamos sufrindo todos os días. Non queremos que se dediquen cartos públicos aos centros que segregan por sexos ou aos centros educatiivos, senón que se dediquen aos centros públicos”, subliñou.

Desemprego e escolas infantís

Por outra banda, o BNG apoiou as mocións presentadas polo grupo socialista que instan á Xunta a investir en Vigo e frear o desemprego e a abrir a escola infantil da Escola de Leite. No primeiro caso, Xabier Alonso destacou que dende que Feijóo é presidente do goberno galego, o desemprego aumentou un 31,4%, chegando superando os 277.000 desempregados e desempregadas.

No tocante á Gota de Leite, Iolanda Veloso salientou que a apertura de escolas infantís é necesaria “tanto como recurso de conciliación como recurso educativo”. Criticou que a Xunta aínda non abrira esta escola infantil mentres presentou unha moción no mes de febreiro, aprobada por unanimidade, na que instaba ao Concello de Vigo a abrir os centros de Tomás Alonso e Casiano Martínez e teñan previsto pechar a da rúa Palencia. “Figueroa dixo que ao PSOE só lle interesa a confrontación coa Xunta, pero ao PP que lle interesa? O un polo outro e a casa sen barrer e os nenos e nenas sen praza”, criticou.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: